Portada NOVAS Amigos da Terra ofrece á cidadanía de Vigo un servizo de Punto Limpo
Amigos da Terra ofrece á cidadanía de Vigo un servizo de Punto Limpo
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 23 Marzo 2011 09:04
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

contenedor_de_fluorescentes

A punto de rematar unha lexislatura máis, a cidade de Vigo, a maior produtora de residuos de Galicia, segue sen contar cun servizo de "Punto Limpo" para a cidadanía. Ante esta situación, Amigos da Terra decidiu ofrecer no seu local un servizo público para a recollida de aceites usados, bombillas, fluorescentes e pilas.

 

Estes residuos, que debemos depositar nos puntos limpos, son residuos cotiáns pero que presentan moitos problemas para a súa correcta xestión pois o seu potencial contaminante é moi elevado, por iso, é importante que non vaian aos vertedoiros, nin se boten polos sumidoiros.

 

Co fin de ofrecer este servizo inexistente en Vigo, o local da asociación (rúa Policarpo Sanz nº 17 1º D) estará dispoñible, en horario de 9.00 a 14.00 horas, para todos os cidadáns/as interesados/as en xestionar estes residuos da forma máis axeitada.

 

Non obstante, e ante todo, temos que ter en conta que o mellor residuo é aquel que non se produce. Como consumidores e consumidoras conscientes, a nosa primeira opción debería ser reducir o uso daqueles produtos que presentan problemas ambientais e sociais.

 

Podemos seguir estes consellos:

  • Substituír as lámpadas incandescentes e os tubos fluorescentes convencionais por bombillas de aforro enerxético compactas.
  • Buscar preferentemente aparellos que usen pilas en lugar de baterías, e que estas pilas sexan recargables, pero sobre todo minimizar no posible o uso das pilas.
  • Nunca verter aceites polos sumidoiros. E máis saudable o uso de aceites ecolóxicos. Os prezos son algo maiores, pero a súa calidade fai que se poidan reutilizar con maior frecuencia con menor perda de calidade. Así mesmo, se pode compensar a diferenza de prezo usando unha menor cantidade dos mesmos.

 

Dende Amigos da Terra consideramos que estas pequenas medidas, para estes tres tipos de residuos concretos, se traducen nun notable beneficio ecolóxico sen reducir a nosa calidade de vida, pero son ademais medidas eficientes que se traducen en aforro económico nos fogares.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #2 Antón 23/03/2011 20:27
Respondendo a Rosa, o aceite se baleira nun recipiente común, polo que non e necesario agardar a ter unha cantidade grande gardada na casa.
Citar
 
 
0 #1 Rosa 23/03/2011 14:15
Que boa iniciativa, gracias!
O aceite que levemos temos que baleiralo nun recipiente común ou é mellor que o levemos en garrafas de 5 litros?
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.