| Composta, dálle valor o teu lixo! |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 04 Abril 2011 12:24 |
|
Cada ano xéranse en Galicia máis dun millón douscentos mil toneladas de residuos, pero quen é capaz de imaxinarse todo ese lixo? Podería ser máis visible se pensamos que cada galego ou galega tira 1,2 kg de residuos o día, o que daría máis de catrocentos quilos o ano. A composición da nosa bolsa do lixo ven sendo nun 42% materia orgánica, nun 18% papel e cartón, e nun 15% envases lixeiros. Que facemos con todo isto?
A proposta escollida pola Xunta de Galicia no Plan Xeral de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-1020, aprobado en novembro do 2010, continúa a primar un modelo de xestión destes residuos que se basea na incineración como única vía, enmascarando o feito de queimar algo que aínda é un recurso baixo o chamativo título de "valorización enerxética". Ademais, queren incrementar a capacidade de incineración coa construción dunha nova planta na zona sur de Galicia antes do 2015, xa que a actual de Cerceda está o límite da súa capacidade, desviando parte dos residuos o vertedoiro de Areosa (Coruña).
Este sistema perpetúase no erro de pensar que os nosos recursos naturais son infinitos e un modelo de sociedade no que se prima "comprar, tirar, comprar". Mentres que teñamos alguén que nos quite do medio todos os nosos residuos é difícil facer unha reflexión profunda da situación e os prexuízos deste modelo de xestión.
Temos solucións Dende Amigos da Terra pensamos que o mellor residuo é aquel que non se produce e, sabemos que máis do 80% dos que se producen poderían ser reempregados ou reciclados, polo que propomos as seguintes liñas básicas de actuación:
Redución, descentralización e compostaxe constitúen polo tanto as liñas principais da área de residuos. Precisamos que a sociedade visualice a situación e faga unha fonda reflexión sobre os posibles modelos e cal é o que queren nos seus fogares. Por todo isto dende a área de Residuos veñen promovéndose programas de compostaxe doméstica, como unha ferramenta moi útil non só de verdadeira valorización dun recurso senón de reflexión. Dende 2005 levamos colaborando con concellos para promover a nosa alternativa.
Programa de compostaxe no Concello de Arzúa Este mes imos dar comezo as actividades do programa de compostaxe doméstico en Arzúa, que conta coa participación de 35 familias nesta quinta edición. Nas anteriores edicións, máis de 150 familias, dous centros de ensino e unha asociación xa se adheriron ao compostaxe doméstico, demostrando que a nosa alternativa é unha realidade.
O programa dará comezo o vindeiro xoves 7 de Abril as 19:30 no centro multiusos do Concello de Arzúa (Rúa Trav. Fraga do Rei, 1º piso), cunha pequena formación, na que faremos tamén a presentación pública da reedición do noso manual de compostaxe. A actividade estará aberta ao público en xeral ata completar o aforo da sala. |









Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.