Portada NOVAS A Xunta hipoteca a futura xestión dos residuos coa maior incineradora do Estado.
A Xunta hipoteca a futura xestión dos residuos coa maior incineradora do Estado.
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 11 Maio 2011 13:02
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

incineracion_noA Xunta de Galicia aposta por queimar 900.000 toneladas de lixo ao ano en Dozón, construíndo a segunda incineradora. Amigos da Terra, a Federación Ecoloxista Galega e Greenpeace, consideran que a creación dunha nova planta incineradora en Galicia non é a solución adecuada para a xestión do gran volume de residuos xerados na nosa comunidade, e reclama para Galicia unha aposta clara pola redución, a compostaxe e a descentralización na xestión de residuos, como as mellores solucións para este problema.

 

A Consellería de Industria anunciou que Dozón é o municipio elixido para acoller a nova incineradora, delegando a responsabilidade de decidir a ubicación desta planta nunha empresa, Estela Eólica neste caso, actuando como mera transmisora de intereses empresariais.

 

A Xunta de Galicia volve a apostar por un modelo fracasado, que lonxe de rematar cunha problemática, non fai máis que perpetuala e hipotecar o futuro de galegas e galegos. A nova planta tratará cerca de 900.000 toneladas de residuos, converténdose na incineradora máis grande de España, trala planta de Son Reus, con 700.000 toneladas. O sobredimensionamento da planta lévanos a sospeitar que sexa futura receptora de residuos doutros lugares de España.

 

Galicia, líder en incineración

Cada galego e galega xera na actualidade 442 kg de residuos ao ano, dato que nos sitúa por debaixo da media española (cerca dos 600 kg) e aínda máis abaixo da media da UE. En cambio, en Galicia a Xunta incinera o 42,5% dos Residuos Sólidos Urbanos. Tendo en conta que a media europea está no 20%, e a española non chega ao 10% do total de residuos xerados, podemos concluír que Galicia ten o dubidoso mérito de ser hoxe unha das rexións líderes da incineración en España e en Europa.

 

A construción dunha segunda planta incineradora no sur de Galicia, colocaríanos entorno aos 375 Kg de lixo por galego que anualmente serían enviados a incinerar. Unha cifra só superada hoxe por Dinamarca, con algo máis de 400 kg.

 

Que modelo de xestión de residuos queremos para Galicia?

O goberno galego aposta polo modelo danés, que non conseguiu conter a xeración de residuos (801kg/persoa e ano, récord europeo) nin as emisións e riscos da queima do lixo (427kg/persoa e ano son enviados a incinerar).

 

Pero lonxe deste modelo, existen en Europa rexións que están a xestionar os seus residuos minimizando a incineración. A rexión de Flandes en Bélxica, é o espello no que a Xunta de Galicia se debe mirar de cara ao futuro. Esta rexión conseguiu reducir nun 73% a xeración de residuos entre 1996 e 2006 e segundo datos do 2007, recicla e composta o 75% dos seus residuos.

 

A Xunta non ten unha verdadeira planificación acerca dos residuos e decide instalar unha incineradora de residuos nun concello con baixa resposta veciñal, afondando na inxustiza social.

 

Oposición a outra incineradora en Toral de los Vados, no Bierzo

O movemento ecoloxista galego tamén se mostra preocupado e rexeita a posibilidade de que se instale outra industria incineradora na fábrica de cementos Cosmos de Toral de los Vados, a catro quilómetros de Galicia, no Bierzo.

 

A incidencia sobre o Medio Ambiente repercutiría tamén en Ourense e Lugo, coas previsións de queimar case 100.000 toneladas de residuos diversos, desde pneumáticos a pilas, pasando por lodos de depuradora, aceites usados, residuos de laboratorio e fariñas de animal, situación que tamén preocupa aos colectivos bercianos que comezaron fai tempo a organizarse loitando contra esta industria contaminante.

 

Por iso, desde Amigos da Terra, a Federación Ecoloxista Galega e Greenpeace, propoñemos que en Galicia se faga unha aposta decidida pola redución na xeración de residuos, lonxe do escaso 10 % que establece o novo plan de residuos de Galicia de cara a 2020. Así mesmo, reclamamos para Galicia unha aposta clara pola compostaxe seguindo ao exemplo de Flandes, a descentralización na xestión de residuos e a desaparición da incineración.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #2 nautile 31/05/2011 11:35
Impresionante gráfico do lixo que deixamos no mar!!!

flickr.com/.../...

...aqui fotos:
www.google.com/.../

Si da Xunta dependesse gestiona-lo, a soluçom seria buscar o melhor jeito ...de queima-lo!
Citar
 
 
0 #1 Orgánica 11/05/2011 13:10
É incrible que xoguen así co futuro medioambiental de Galicia e coa saude das persoas. Agardo que sabendo isto a xente o pense mellor antes de ir a votar!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.