Portada NOVAS A nova Lei de Residuos: Unha oportunidade perdida para Redución e a Reciclaxe
A nova Lei de Residuos: Unha oportunidade perdida para Redución e a Reciclaxe
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 15 Xullo 2011 08:23
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

reduim-residus_copy

O novo texto da Lei de residuos e solos contaminados aprobado hoxe no Congreso é froito da transposición da Directiva Marco de Residuos europea á lexislación española. Os grupos ecoloxistas lamentan a pouca ambición que tivo o Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño á hora de establecer melloras que poderían ter feito desta, unha lei pioneira na xestión de residuos e ambientalmente comprometida e responsable.

 

 

 

Durante o trámite parlamentario, incorporáronse á Lei elementos interesantes como un obxectivo de redución na xeración de residuos do 10% para 2020, a consideración dos sistemas de depósito, devolución e retorno (SDDR) como sistema de xestión de envases, a posibilidade de aplicar un canon á incineración e á vertedura ou a certificación forestal de envases e etiquetas.

 

Non obstante, quedaron fóra do texto melloras imprescindibles, demandadas insistentemente polos grupos ecoloxistas, como a recollida selectiva da materia orgánica, a prohibición da distribución gratuíta das bolsas de plástico dun só uso ou a exclusión da incineración, como opción de xestión.

 

A nova lei perdeu a oportunidade de responder ás necesidades que ten España en materia de residuos: o aforro de recursos naturais mediante o aproveitamento dos materiais contidos no lixo, a prevención da contaminación que provocan tanto a incineración coma os vertedoiros e a creación de empregos verdes nun contexto de crise económica como a que vivimos actualmente.

 

Á marxe da nova Lei de Residuos, o Goberno español ten aínda a responsabilidade de cumprir os obxectivos establecidos pola Unión Europea. En particular, sobre os niveis de reciclaxe de envases, que seguen estando por debaixo do que esixe Bruxelas e que motivaron a pasada semana o envío dunha queixa á Comisión europea por parte dos principais colectivos ecoloxistas do Estado.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+1 #1 Sursoñador 18/07/2011 10:05
Aínda que a lei non sexa o óptimo esperado creo que esta foi unha oportunidade para toda a sociedade, de reflexión, de constatar as cousas que non van e de demandar mudanzas nas nosas conductas con respeto a xeración de residuos (as políticas sempre irán por detrás das inquedanzas da xente).

Cónstame o gran exforzo feito pola compañeira de residuos estatal, en coordinación cos outros grupos ecoloxistas con representación nacional: Greenpeace y Ecoloxistas en Acción.

Presentáronse máis de mil aportacións públicas a lei, fíxose un seguimento intenso de todo o percorrido, con xuntanzas con políticos, accións e apertura de foros.

Por todo o exposto, e sabendo que se pode mellorar en moito...

NORABOA polo traballo ben feito, que a ilusión sexa o único recurso que non reduzamos!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.