| Quen comete o fraude na recollida do lixo? |
| Escrito por Montse Fernández |
| Mércores, 17 Agosto 2011 11:59 |
|
O sistema de incineración que segue a empresa mixta (con capital público e privado) SOGAMA non é viable nin económica, nin ambiental, nin socialmente. Pero a Xunta segue apostando por un modelo fracasado, anunciando a implantación dunha nova incineradora no Sur de Galicia. O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, anunciou as dilixencias postas en marcha polo seu equipo, ordenando unha investigación por parte da Policía autonómica. Esta investigación levou á conclusión de que algúns concellos comenten un presunto fraude no envío de residuos reciclables do contedor amarelo. A incineración lonxe de solucionar o problema dos residuos non fai mais que empeoralo, xa que ó queimar unha mistura de residuos de diferentes tipos, xéranse novos compostos, que saen a través das chemineas da incineradora á atmosfera desprazándose de xeito incontrolado. Algúns destes novos residuos son super tóxicos como o caso das Dioxinas, Bifenilos Policlorados (PCBs), Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAPs),metais pesados como Chumbo, Cadmio e Mercurio, etc.2 Co perigo para a saúde pública que representan estas sustancias. A gran cantidade de cinzas xeradas pola incineración tamén é un problema agravado xa que contén altos niveis destas sustancias tóxicas que deben ser acumuladas en vertedoiros de residuos perigosos. Así mesmo dende Amigos da Terra pedimos á Consellería unha reflexión sobre o modelo de tratamento de residuos que se está a facer, así como un cambio de rumbo cara unha aposta clara pola redución; a compostaxe de toda a materia orgánica que se está a queimar actualmente e a descentralización na xestión de residuos, como as mellores solucións para esta problemática. |








Comentarios
A estratexia de retirar os cubos, ou obligar a gardalos en cada vivenda ou edificio non é algo novo, mesmo en Madrid faise isto con toda normalidade, e as 8 da tarde vense os porteiros e responsables de cada edificio sacando os cubos.
Se estas accións de Monforte non van acompañadas dunha campaña de sensibilización para a redución de residuos non van a traer máis que malestar por parte dos veciños, que teñen que adquirir novas tarefas sen ningunha recompensa.
En países como Suiza é unha práctica común, xa que o imposto do lixo pagase en cada bolsa de 50 litros, que custa uns 2 €, canto máis tiras o xenérico máis pagas. Os operarios revisan os cubos para asegurarse que todas as bolsas son as que teñen o selo do concello. Con este método os cidadáns prefiren reducir a xeración de residuos, compostar a parte orgánica e reciclar.
Saúdos
Nom entendo moi bem isto, alguém me podería explicar porque nuns concelhos optam por un sistema de recolhida e noutros por outro com novos contentores, camións mais grandes, etc...
Uns reduzem operarios e outros os ampliam... ¿?
Ref: lavozdegalicia.es/.../...
O informe sobre incineración e saúde é demoledor. NON A INCINERACIÓN, nin no norte nin no sur de Galicia!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.