Portada NOVAS Amigos da Terra lamenta que a folga de lixo remate coa creación de novos vertedoiros incontrolados
Amigos da Terra lamenta que a folga de lixo remate coa creación de novos vertedoiros incontrolados
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 26 Agosto 2011 08:12
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

vertedero_soutomaior_3Para Amigos da Terra a solución posta en marcha polo concello de Soutomaior, pedindo aos funcionarios que recollan o lixo e o trasladen a uns colectores fora do casco urbano, é "mirar cara a outro lado", incumprindo a Lei de Residuos de Galicia e dando lugar á creación dun vertedoiro incontrolado en toda regra. Dende a asociación esiximos ao SEPRONA que leve a cabo as investigacións pertinentes e abra o correspondente expendinte sancionador aos culpables desta grave afección ambiental.

 

A proliferación destes puntos de vertidos non autorizados e non controlados, constitúe un dos grandes e reiterados problemas ambientais que se producen no rural galego, non obstante, o problema é aínda máis grave cando é a propia entidade local a que o xera, como aconteceu en Soutomaior. Ante esta grave situación, Amigos da Terra esixe ao Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) que tome canto antes "cartas no asunto", investigando esta grave afección ambiental, abrindo o correspondente expediente sancionador, e por suposto, a posta en marcha da rexeneración deste espazo.

 

A Lei 10/2008, do 3 de novembro de Residuos de Galicia, recolle que as entidades locais terán competencias para a xestión dos residuos urbanos correspondentes ao seu municipio. Os municipios son responsables da retirada dos residuos así como tamén, do mantemento do aseo e o coidado da localidade, é dicir, deben procurar o benestar social. Ademais, as entidades locais teñen un papel importante fronte á xeración e permanencia de vertedoiros ilegais, a vixilancia de sitios con potencial de converterse en vertedoiros clandestinos ou microvertedoiros e a denuncia de verteduras ilegais.

 

Os impactos ambientais asociados aos vertedoiros ilegais poden ser: a contaminación do solo, xa que o depósito de residuos ten acción directa sobre o solo alterando en forma negativa as súas características estruturais e químicas orixinais; a contaminación de augas superficiais e subterráneas, xa que pola choiva se infiltran contaminantes cara ao subsolo coa consecuente contaminación do subsolo; o arrastre de residuos cara a cursos de auga superficial naturais como ríos ou canles de regadío; e, finalmente, a contaminación do aire xa que este tipo de contaminación atópase asociada á xeración de cheiros de produtos en descomposición, así como as emisións provocadas por queimas, que é unha práctica bastante común para diminuír o volume e recuperar metais.

 

vertedero_soutomaior

 

Amigos da Terra lamenta que de novo, o medio ambiente sexa o máximo afectado das desavenencias entre as empresas e os concellos, e espera que esta situación, non afecte tamén á recollida selectiva de lixo, como ocorre no municipio de Sanxenxo, onde Urbaser leva a cabo a recollida de vidro.

 

Este tipo de situacións fannos reflexionar sobre a gravidade do problema dos residuos en Galicia e constitúe unha oportunidade para que os concellos mediten e comecen a apostar pola redución, a compostaxe de toda a materia orgánica e a descentralización na xestión de residuos, como as mellores solucións para esta problemática.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.