| A Bolsa con Estrela leva aforradas máis de 1000 bolsas dun so uso |
| Escrito por Maria Durán |
| Venres, 14 Outubro 2011 09:51 |
|
Calcúlase que dende o inicio da campaña, o pequeno comercio de Marín leva aforradas mais de mil bolsas dun so uso, gracias ao compromiso de todas as persoas que decidiron participar da campaña cambiando os seus hábitos de consumo e dicindo non á bolsa dun so uso. Este vindeiro sábado, 15 de outubro, as accións da campaña continúan no Mercado de Marín, e esta vez, terá lugar o Sorteo de 10 carros da compra, cos que serán premiadas aquelas persoas que ao longo destes meses cubriron os cupóns cada vez que renunciaban a unha bolsa dun so uso. Durante toda a mañá, haberá no Mercado unha mesa informativa sobre a campaña, a exposición de Amigos da Terra acerca dos residuos, mostra de exemplos para levar as compras sen empregar bolsa de un só uso, ademais da entrega de material informativo e cupóns para que as persoas participen, estes cupóns serán selados cada vez que renuncien a unha bolsa de plástico en todos os establecementos asociados á Estrela de Marín. Por cada cupón cuberto con seis selos distintos entregarase unha bolsa reutilizable, que premiará o compromiso da cidadanía co Medio Ambiente.
|

“A bolsa con Estrela” é a primeira iniciativa en Galicia que xunta a unha asociación de comerciantes locais, Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e a unha asociación ambientalista, Amigos da Terra, nunha campaña de información e sensibilización, dirixida tanto a comerciantes como a consumidores e consumidoras, para reducir e pouco a pouco eliminar o emprego de bolsas dun só uso.




