| Apúntate ao baixo Consumo na semana Europea da prevencion de Residuos |
| Escrito por Maria Durán |
| Martes, 29 Novembro 2011 13:45 |
|
Utilizando o “R” de Reflexión, e tendo como bandeira a Redución, evitaremos o sobre consumo de recursos naturais e diminuiremos a cantidade de residuos xerados cada día.
En Galicia teremos o 30 de novembro unha acción de rúa en 2 establecementos comerciais do centro de Vigo, nos que se proporá a todos os compradores que depositen na porta todos os envases dos que poidan prescindir na súa compra. O resultado será unha gran montaña de envases, símbolo do desperdicio de recursos e da incultura do usar e tirar. Á beira da montaña haberá un punto con alternativas e información de interese.
Ao final da Semana da redución, presentaremos un informe no que Amigos da Terra está traballando dende hai xa tempo e que fala do sobre consumo de recuros naturais prpopoñendo alternativas de cambio para cada un/unha de nos. Nos vindeiros días estará dispoñible en formaro electrónico. |

Do 19 ao 30 de novembro celébrase a Semana Europea de Redución de Residuos. E en Amigos da Terra estamos organizando diferentes en actividades en todas as localidades onde contamos con grupos locais.





Comentarios
Ánimo con esas actividades de concienciación e sorrisos!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.