| Amigos da Terra presenta Un Mundo de baixo Consumo |
| Escrito por Maria Durán |
| Mércores, 30 Novembro 2011 12:42 |
|
O consumo sustentable das pasadas xeracións fixo que na actualidade dispuxéramos de recursos naturais suficientes para atender as nosas necesidades, pero a presente xeración, está despilfarrando os recursos comúns da humanidade a un ritmo que fainos empregar hoxe os que deberían ser empregados polos nosos netos. Que lles quedará as xeracións futuras?
A extracción de escasos recursos naturais para tiralos directamente ó lixo como sucede co sobreempaquetados e cos envases de usar e tirar, so deixa entrever unha gran falla de planificación dende os sectores implicados e a administración. Amigos da Terra denuncia a falta de vontade por parte de administracions e empresas que deberían empezar a adaptar os envases ás necesidades actuais e prever as necesidades futuras.
Amigos da Terra pecha así a Semana Europea da Prevención de Residuos, durante a cal se realizaron múltiples accions nos seus grupos locais, todas ellas coa intención de seguir traballando coa cidadanía e os responsables políticos cara unha sociedade baseada no consumo responsable e na redución do uso de recursos naturais.
Según María Durán, responsable da área de Recursos Naturais e residuos : "Con estas accions agardamos que os políticos reflexionen sobre as cifras actuais de sobre consumo de recursos naturais e tomen medidas para frear este consumo desmedido e insolidario por parte das sociedades desenvolvidas que leva a un esgotamento da capacidade da Terra. Co ritmo actual de extracción, a escasez está causando xa graves problemas ambientais e sociais nos paises do Sur, o que empezará a extenderse tamén polo Norte”
O informe pódese consultar unicamente en versión electrónica en www.unmundodebajoconsumo.org, evitando así o gasto de recursos naturais na súa impresión, por propia coherencia coa campaña. |

O Noso planeta ten límites, non é unha fonte inesgotable de recursos, sin embargo, a extraccion e transformación de recursos naturais non deixan de aumentar. Amigos da Terra presenta hoxe o informe




