Portada NOVAS A Xunta persiste na súa aposta por un modelo de xestión de residuos contaminante, caro e fracasado
A Xunta persiste na súa aposta por un modelo de xestión de residuos contaminante, caro e fracasado
Escrito por Maria Durán   
Venres, 16 Decembro 2011 09:17
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

logos_feg_adtAnte o anuncio da ubicación da incineradora Sur de Galicia en O Irixo e despois do debate parlamentario de onte, a Federación Ecoloxista Galega e Amigos da Terra novamente lamentan e rexeitan este sistema para a xestión do gran volume de residuos xerados na nosa comunidade e reclaman para Galicia unha aposta clara pola redución, a compostaxe e a descentralización na xestión de residuos, como as mellores solucións para este problema.


A Xunta de Galicia persiste na súa aposta por un modelo fracasado, cando a creación dunha nova planta incineradora en Galicia non é a solución adecuada e lonxe de rematar cunha problemática, non fará máis que perpetuar e hipotecar o futuro de galegas e galegos.
A incineración é unha das principais fontes de gases de efecto invernadoiro en Galicia así como a emisión de dioxinas e furanos, os tóxicos canceríxenos máis potentes que se coñecen. Sogama representa actualmente ó sexto produtor de C02 de Galicia.


Tamén é unha falacia xustificar a incineración como solución aos vertedoiros, pois as cinzas da incineración (o 30% do volume orixinal) precisan vertedeiros de seguridade ao ser consideradas residuos tóxicos. Igualmente a enerxía producida apenas é suficiente para abastecer o consumo da propia planta. “lonxe de ser a solución ao problema, a incineración non fai outra cousa que prolongar o problema xenerando a súa vez novos problemas engadidos” manifestan a FEG e Amigos da Terra

 

Galicia, líder en incineración
Cada galego e galega xera na actualidade 442 kg de residuos sólidos urbanos ao ano, dos que a Xunta incinera o 42,5%. A construción dunha segunda planta incineradora no sur de Galicia, colocaríanos entorno aos 375 Kg de residuos por persoa que anualmente serían enviados a incinerar. Tendo en conta que a media europea está no 20%, e a española non chega ao 10% do total de residuos xenerados, podemos concluír que Galicia ten o dubidoso mérito de ser hoxe unha das rexións líderes da incineración en España e en Europa.


A Xunta non ten unha verdadeira planificación acerca dos residuos e decide instalar a incineradora nun concello con pouca poboación e deprimido economicamente, afondando na inxustiza social


A decisión de comezar os trámites para construir esta segunda planta nun concello con pouca densidade de poboación (e polo tanto cunha previsible baixa resposta veciñal), forzado pola crise á tentación de aceptar calquera investimento por insalubre que poida resultar, non fai máis que afondar na inxustiza social, cando desde todas as administracións se debería loitar por unha sociedade xusta e igualitaria.
Segundo declaran ambos colectivos, “existen en Galicia modelos de xestión mellores que xenerarían maior número de empregos e moitos menos impactos, como é o exemplo da planta de Lousame. A opción elixida pola Xunta de Galicia entendemos que só pode explicarse por intereses particulares e industriais e non medioambientais nin, desde logo, por priorizar a xeración de emprego”.


A compostaxe, a reutilización e a reciclaxe xerarían moitos máis postos de traballo

Anúnciase que a nova planta podería aportar 250 empregos directos, unha creación de emprego ridícula tendo en conta o potencial de xeneración de postos de traballo que conlevaría unha aposta decidida simplemente pola compostaxe comunitaria. A instalación de plantas de compostaxe en cada unha das mancomunidades e dos municipios máis poboados quintuplicaría eses postos de traballo, fomentando paralelamente unha industria galega do retorno e a reciclaxe de residuos e apostando pola redución en orixe, sensibilizando e lexislando para afrontar de forma realista e pragmática a problemática. Se realmente a prioridade das políticas é a xeración de emprego, non comprendemos como desde a Xunta se defende o sistema de xestión que precisa menos postos de traballo.
Por iso, desde Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega, propoñemos que en Galicia se faga unha aposta decidida pola redución na xeneración de residuos, lonxe do escaso 10 % que establece o novo plan de residuos de Galicia de cara a 2020. Así mesmo, reclamamos para Galicia unha aposta clara pola compostaxe, a descentralización na xestión de residuos e  pedimos o compromiso dos grupos políticos e a mobilización da cidadanía para a desaparición da incineración en Galicia.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.