Portada NOVAS Amigos da Terra mantén en Vigo o servizo de Punto Limpo para algúns residuos
Amigos da Terra mantén en Vigo o servizo de Punto Limpo para algúns residuos
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 16 Xaneiro 2012 09:42
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

recycle_logo

 

Comenza un novo ano sin que na axenda inmediata nin da Consellería de Medio Ambiente nin do Concello de Vigo figure a previsión de que a cidade de Vigo, que produce a maior cantidade de residuos de Galicia, poida contar con un punto limpo.

 

Mentras agardamos a quimera de que Concello e Xunta se poñan dacordo para solventar a anomalía de que unha cidade que xenera 350 toneladas diarias de residuos careza desa infraestructura básica, Amigos da Terra mantén no seu local de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1ºD, en horario de Luns a Venres de 9 a 13:30 horas) un servizo gratuíto para a recollida de tres tipos de residuos:

 

Aceites de uso doméstico usados (filtrados previamente polo usuario).

Bombillas de baixo consumo e tubos fluorescentes.

Pilas convencionais, recargables e de "botón".

 

Estes residuos son posteriormente entregados a xestores autorizados para a súa correcta recuperación, inertización ou almacenamento seguro.

 

Trátase de residuos que producimos con frecuencia pero que presentan moitos problemas para a súa xestión pois o seu potencial contaminante e moi elevado.

 

Como consumidores e consumidoras conscientes, a nosa primeira opción debería ser ante todo coñecer e reducir o uso daqueles productos que presentan problemas ambientais e sociais. Si actuar concientemente nas decisións das nosas compras minimiza a cantidade dos residuos que xeneramos, ditos residuos que non provocamos nunca se convertirán nun problema que teñamos que resolver.

 

Con estes tres elementos que recollemos no punto limpo de Amigos da Terra podemos:

 

Substituír as lámparas incandescentes e os tubos fluorescentes convencionais por bombillas de aforro enerxético compactas.

 

Usar preferentemente aparatos conectados á rede eléctrica. Minimizar o uso das pilas e que éstas sexan preferentemente recargables.

 

Nunca verter aceites polos sumidoiros. E máis saudable o uso de aceites de agricultura ecolóxica. Os prezos son algo maiores, pero a súa calidade fai que se poidan reutilizar con maior frecuencia con menor perda de cualidades.

 

Estes pequenos consellos, para estes tres tipos de residuos concretos, representan un notable beneficio ambiental sin reducir a nosa calidade de vida, pero son ademáis medidas eficientes que se traducen en sensibles aforros económicos nos fogares.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.