Portada NOVAS A incineración provoca danos importantes na saúde, e así o confirma a OMS
A incineración provoca danos importantes na saúde, e así o confirma a OMS
Escrito por Maria Durán   
Martes, 31 Xaneiro 2012 13:34
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 incineracionA Organización Mundial da saude advirte sobre a perigosidade dos tóxicos producidos pola incineración de residuos.

Amigos da Terra amosa a súa preocupación polas argumentacións que diferentes alcaldes galegos están a facer sobre a inocuidade das incineradoras na saude das persoas, baseándose en informes descatalogados e rectificados pola propia Organización Mundial da Saude.

En concreto, nos ultimos días o Alcalde de Cerceda fixo referencia a unha publicación do ano 96 no que a OMS valoraba a incineración como un método válido para o tratamento dos residuos, publicación que no ano 99 foi eliminada, corrixida e modificada por outra na que se afirmaba que “ As incineradoras de residuos sólidos son as principais responsables da liberación de dioxinas ao medio ambiente”, considerando as dioxinas como uns dos tóxicos mais importantes que existen

 

Non son estas as únicas argumentacións médicas sobre a perigosidade das incineradoras na saude humana.

Segundo declaracións do Colexio Oficial de Médicos de Guipuzkoa: “ As Incineradoras de residuos supoñen un risco, comprobado e evidente, para a saude das persoas que viven no entorno máis próximo. Declaracións semellantes foron realizadas por colectivos de médicos de toda Europa (de Mallorca, Dinamarca, Holanda, Alemania, Francia etc). Os estudios médicos, con maior rigor científico, sitúan o aumento de patoloxías asociadas á incineración de residuos (gases e residuos), en distancias de ata 10 Km” 2 de radio. No caso da inineradorade O Irixo as poboacións directamente afectadas serían as parroquias dos concellos de Boborás, Cea, O Carballiño, Lalín, Dozón, Piñor e O Irixo.

Amigos da Terra, solicita o apoio do Colexio Galego de Médicos para que se sumen a os seus colegas europeos co fin de que a Xunta retire definitivamente o proxecto de xestión de residuos a través da incineración.

Os efectos para a saude da incineración recóllense no 1º Simposium Nacional sobre Incieración e Saúde 3 e algunhas das conclusións son reveladoras. Así:

- As incineradoras modernas seguen produciendo tóxicos que son emitidos polos gases da cheminea e acumulados nas cinzas e escouras. Non son inocuas ou inofensivas. Ademáis, so se coñecen o 20% dos tóxicos que se xeran nelas.

- As micropartículas xeradas na combustión de residuos son capaces de atravesar todos os filtros e incluso os humanos, chegando ata o núcleo celular e sendo capaces de producir mutaxeneidade así como agravar os efectos de enfermidades crónicas especialmente en nenos menores de 5 anos e maiores.

- Afirmar que “non existen riscos adicionais significativos na saude da poboación cercana a una incineradora moderna” é un eslogan que carece de rigor e fundamento científico.


A estas conclusións súmanse máis de 33.000 médicos de toda Europa que alertaron, durante o debate da directiva marco de residuos, dos perigos da incineración para a saúde4 . A demáis, sonteñen que en ningún lugar de Europa se monitorean as emisión de partículas ultra finas das incineradoras, a pesar de que o perigo que supoñen para a saúde está ben documentado.

Dice moi pouco sobre a presunta inocuidade da incineración que xunto cos ecoloxistas sexan precisamente os profesionais da saúde o colectivo social máis activo na súa contra” declaran desde Amigos da Terra.

Amigos da Terra, xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais teñen posto sobre a mesa da Consellería de Medio Ambiente alternativas inocuas para a saúde, viables económicamente, sostibles a nivel ambiental e capaces de xerar 9 veces máis postos de emprego que a da planta incineradora que o seu departamento propón.Pedimos que a Xunta de Galicia que aplique o “principio de precaución”, siga a xerarquia na xestión de residuos imposto pola Directiva Europea na materia, abandonandone o proxecto de incineradora e aposte pola redución, os SDDR5, a reciclaxe e a compostaxe” afirma Amigos da Terra.

 

Notas:

1Fact sheet Nº 225. World Health Organization. ‘Dioxins and their effect on human health’ (1999).

2 J A ORTEGA GARCÍA Y COLS.—EL PEDIATRA Y LA INCINERACIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS. CONCEPTOS BÁSICOS Rev Esp Pediatr 2001;57(6):473-490. 

Comba P, Ascoli V, Belli S, Benedetti M, Gatti L, Ricci P, Tieghi A.: Risk of soft tissue sarcomas and residence in the neighbourhood of an incinerator of industrial wastes. Occup Environ Med. 2003 Sep;60(9):680-3.

Dioxins in human health . World Heart Organization (WHO).Fact sheet Nº 225 June 1999 .

3Simposio Médico sobre Incineracion e Saude de Guipuzkoa: http://www.airenet.es/contingut/documents/medics/SIMPOSIUM%20MEDICO%20Guipuzcoa%20Firma%20500%20profesionales.pdf

http://www.noharm.org/details.cfm?ID=1963&type=document

5Sistemas de devolucion,deposito e retorno:http://retorna.org/es/ 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.