Portada NOVAS Programa de Compostaxe Doméstica no Concello de Marín
Programa de Compostaxe Doméstica no Concello de Marín
Escrito por Rebeca Prieto   
Xoves, 11 Setembro 2008 15:40
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Marín, en colaboración coa Asociación Amigos da Terra, presentan un Programa de Implantación da  compostaxe doméstica no concello, que durará 9 meses, implicando a 50 familias;  que xestionarán os seus propios residuos orgánicos  e propiciando así unha diminución notable na xeración dos residuos orgánicos do concello.

A materia orgánica supón entre o 40-50% do peso dos residuos sólidos urbanos; a xeración ao ano supón varios centos de miles de toneladas. Miles de toneladas de residuos orgánicos acumúlanse nos vertedoiros da rexión, o que ocasiona graves efectos ambientais e, ao mesmo tempo, malgástase un recurso valioso susceptible de ser incorporado ao ciclo de consumo mediante a compostaxe.

 

O Concello de Marín e Amigos da Terra ven a necesidade de presentar esta experiencia  como unha alternativa que demostre a necesidade e a utilidade de compostar a fracción orgánica dos residuos, facendo unha separación en orixe para obter unha mellor calidade do compost que sirva como fertilizante natural.

O proxecto, iniciarase cunha reunión informativa da execución do mesmo e tamén formativa acerca do proceso de compostaxe coas partes implicadas no proxecto e os participantes seleccionados.
Tras a formación efectuarase o reparto de material, e os participantes asinarán un contrato de aceptación das condicións do proceso.

O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para iso repartirase un composteiro de 400 litros a cada familia. Así mesmo, proveráselles dun manual para coñecer máis achega do proceso e de asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos monitores de Amigos da Terra.

Os destinatarios do programa serán cidadáns e cidadás do Concello de Marín que teñan un terreo ou xardín. Habendo un total de 50 prazas, os interesados poden achegarse á Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Marín ou chamar ao 986 880300

Para máis información:

María Durán (Responsable da Área de Residuos de Amigos da Terra): 988 374318

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.