| Voluntarias Europeas colaboran con Amigos da Terra |
| Escrito por Webmaster |
| Luns, 28 Xullo 2008 01:00 |
|
O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e conta cunha axuda económica de 16.430 Euros. Este proxecto esta enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental. A asociación Amigos da Terra conta na actualidade con outros dous voluntarios Tiina Leminen de Finlandia e Lionel Tayemans de Bélxica, que participan no mesmo proxecto dentro do programa xuventude da Unión Europea. Dende Amigos da Terra queremos dar a benvida a Alison Moore e Cecilia Phelippe e animar a todos os mozos e mozas galegos que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información. |




