| Ecovixía polo Parque Natural de Fragas do Eume |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 12 Abril 2010 18:54 |
|
Co motivo da celebración do Día da Terra, dende Amigos da Terra estamos a organizar unha ecovixía ao Parque Natural das Fragas do Eume. Esta nova ecovixianza está prevista para o vindeiro domingo 25 de abril e consistirá nunha andaina guiada polas ribeiras do río Eume e unha visita ao Mosteiro de Caaveiro e ao museo etnográfico da zona.
Saída: Domingo 25 ás 10:00 horas do Centro de Visitantes do Parque das Fragas do Eume, na estrada de Pontedeume a Caaveiro, pasando por Ombre, km5.
Regreso: Domingo ás 19:00 horas.
Ademais, durante a tarde do sábado 24, participaremos xunto con outras asociacións ecoloxistas na “Andaina polo Clima” que terá lugar en Cerceda (A Coruña). Baixo o lema “O clima non está á venda”, a marcha dará comezo ás 17 horas e discorrerá entre a central térmica de Meirama e a incineradora de residuos urbanos de SOGAMA. Consiste nunha marcha pacífica e reivindicativa para rexeitar as falsas solucións ao cambio climático, como a enerxía nuclear ou os agrocombustibles e na que defenderanse medidas como o peche das centrais térmicas de carbón e da incineradora de SOGAMA.
Para aquelas persoas que queirades vir xa o sábado pola tarde e participar na "Andaina polo Clima", imos saír ás 13:30 horas dende a explanada da comisaría de Policía en Ourense, para chegar a Santiago de Compostela ás 15:30 horas, para saír dende a Avda. Xoan Carlos I (diante da Igrexa do Pilar) cara a Cerceda.
Despois de rematar a andaina e xa pola tarde do sábado, iríamos cara as Fragas do Eume onde quedariamos a durmir nun albergue/cámping da zona e o domingo xa faríamos a saída de ecovixías dende o Centro de Visitantes do Parque das Fragas do Eume.
Que levar: Comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, saco de durmir, e calzado cómodo. Tamén recomendamos prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.
Data límite inscrición: xoves 22 de abril (é necesario respectar esta data para que poidamos organizarnos nos coches que dispomos para ir).
Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra: 988 374318 (Ángel Dorrío) ou nos email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |




