| A Participación a nosa razón de ser |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Xoves, 30 Decembro 2010 21:04 |
|
Desde Amigos da Terra, desde os seus diferentes grupos locais e en concreto desde a área de Participación, non queremos despedir o ano 2010, sen facer unha especial mención a todas aquelas persoas, implicadas no colectivo e que deciden loitar para mellorar a realidade social e ambiental.
Por suposto estámonos referindo aos/as voluntarios/as, colaboradores/as, socios/as, que forman parte de Amigos da Terra e converten ao noso colectivo nunha organización que aposta seriamente por abrir espazo e canles para a participación, para conseguir paliar as problemáticas ambientais.
Este ano, a finais de outubro tivo lugar o Iº Encontro Estatal de Voluntariado de Amigos da Terra, nel houbo unha alta representación dos grupos locais, alta non só polo número de participantes senón pola calidade das persoas participantes. Nestas xornadas puidemos compartir e intercambiar inquietudes, dúbidas, acertos, experiencias e sobre todo aprendizaxes ou saberes da vida. Poderiamos definir a experiencia como gratificante, revitalizadora e impulsora de pór en valor a figura do voluntariado dentro da organización.
Por iso non queremos despedir o ano sen antes deixar constancia da seguinte mensaxe: grazas por querer compartir connosco/as as túas ganas porque isto cambie, grazas por demostrarnos que as cousas son máis transformables cando facemos construcións colectivas, grazas por apostar polo cambio, desde a loita e o consumo responsable, o respecto polo medio ambiente, grazas por participar participando!. |





