Portada NOVAS Ecovixías polas riberias do río Miño
Ecovixías polas riberias do río Miño
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 07 Febreiro 2011 18:44
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

dia_humedais_rio_minho_11

 

Para festexar o Día Internacional dos Humedais, realizamos o pasado sábado a primeira xornada de ecovixías polas ribeiras do río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense.

 

 

 

Saímos as 10 da maña mañá dende Aula de Natureza de Oira dende onde partimos guiados polo naturalista Alberto Rivero, que nos ensinou o seu coñecemento e experiencias sobre esta zona.

dia_humedais_rio_minho_2

Realizamos as primeiras paradas ao carón da Ponte Romana e a Ponte Novísima para observar os niños e durmidoiros de cirrios e andoriñas dos penedos. Tamén puidemos ver ao lonxe e con certa dificultade, un falcón peregrino pousado na zona máis alta do edificio da Torre de Ourense.

 

Pasando ao carón da depuradora de Reza atopámonos con zonas de refuxio de aves acuáticas coma cormoráns e gaivotas choronas. Ademais durante todo o día observamos varias especies de anátidas, parrulos cristados, alavancos, garzas reais, biluricos bailóns, gaivota patiamarelas e buxatos.

 

dia_humedais_rio_minho_27

Xa pola tarde, achegámonos ao observatorio de aves de Untes dende onde regresamos de camiño de volta.

 

Por outra banda, ao longo do percorrido comentamos as problemáticas que afectan ao río Miño coma os vertidos de augas residuais que nos atopamos; a construción dos embalses que impiden a migración de especies piscícolas, ou a introdución de especies invasoras tanto de plantas coma as mimosas ou coma de fauna coma os visóns americanos.

dia_humedais_rio_minho_16

Tamén sinalamos que con motivo do ano internacional dos bosques, destacar a importancia da conservación da vexetación das zonas de ribeira como medida de prevención das enchentas de augas invernais.

 

Dende Amigos da Terra temos previstas máis ecovixías para os vindeiros meses, no só cun compoñente lúdico, senón para facer coñecer o nos entorno e tamén para facer denuncias ambientais.

 

Animámosvos a que participedes nesta saídas de ecovíxias e en breve os informaremos das datas seguintes saídas.

 

Aquí podedes ver máis fotos da ecovixía.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Voluntariado Local

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.