Portada NOVAS ascorcerizas.com Novas do C.E.A. As Corcerizas
Novas do C.E.A. As Corcerizas
AS CORCERIZAS | San Mamede
  • Conferencia sobre a xestión enerxética de As Corcerizas na Facultade de Ciencias de Ourense
    [ 15 Febreiro, 2012; 17:00 a 18:30. ] Amigos da Terra abre o Ciclo de Conferencias organizado pola asociación de estudantes da Facultade de Ciencias de Ourense ECOUS, cunha ponencia sobre o proxecto de As Corcerizas. A intervención estará centrada na experiencia de xestión dun sistema autónomo de enerxía baseada exclusivamente no uso de renovables, dende o caracter científico do ciclo. Data: mércores 15 de [...]

  • 6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar
    Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio [...]

  • Participación no curso de Educación Ambiental Rural en Cantabria
    Esta pasada semana o proxecto de As Corcerizas estivo presente en Cantabria para participar no curso de Educación Ambiental Rural que está a desenvolver o CEDREAC – Centro de Documentación y Recursos para la Educación Ambiental de Cantabria. Co obxectivo de transmitir a experiencia destes casi 10 anos de traballo nun entorno de montaña como é [...]

  • Colabora na recuperación do monte de As Corcerizas
    [ 26 Novembro, 2011 18:00 a 27 Novembro, 2011 18:30. 26 Novembro, 2011 18:00 a 27 Novembro, 2011 18:30. ] Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar, 26-27 novembro Logo da dramática desfeita que os incendios forestais produxeron este ano nos nosos montes e ecosistemas, dende Amigos da Terra propomos unhas xornadas de sensibilización e acción na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán. Sábado 26, a partires das [...]

  • Participa no curso de cociña vexetariana e envasados
    [ 12 Novembro, 2011 10:00 a 13 Novembro, 2011 16:00. 12 Novembro, 2011 10:00 a 13 Novembro, 2011 16:00. ] Coa idea de promover hábitos de consumo máis saudables, os días 12 e 13 de novembro levaremos a cabo un curso no que coñeceremos criterios de cociña vexetariana, coa fin de incorporar máis verduras, hortalizas e legumes na nosa alimentación diaria. Elaboraremos receitas con productos de tempada e de orixe ecolóxica e local, descubrindo ademais novas [...]

  • Divulgando a Bioconstrución
    Xa están dispoñibles as presentacións do curso avanzado de bioconstrución. Unha pequena parte de todo o falado e practicado, pero unha boa guía para continuar coa formación e divulgación de toda esta información. EL BARRO EN LA CONSRUCCION – GUIDO TOMASINI: información da historia do uso do barro, descrición, propiedades e posibilidades de aplicación hoxe en [...]

  • Continúa a formación en Bioconstrución en As Corcerizas
    Logo das intensas e enriquecedoras xornadas de formación con Guido Tomasini e Suso López, o vindeiro venres daremos continuación ao curso de bioconstrución da man de Romain Denisot e Ana Belén Albo; quen analizaran, dende distintos pontos de vista, os sistemas térmicos das edificacións.   E xa o sábado daremos inicio ao Monográfico de Rehabilitación e construción [...]

  • Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic
    Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución. O proxecto está estructurado nun salón con numerosos expositores, un programa de conferencias divulgativas e o desenvolvemento do «I Foro Atlántico de Desarrollo Sostenible», un [...]

  • A experiencia de Montaxes Lagoa-enerxías renovables completa o curso de Bioconstrución
    Suso López Taboada, experto en enerxías renovables, completa o curso de bioconstrución que levaremos a cabo esta fin de semana. Dende a súa experiencia en MONTAXES LAGOA, empresa de instalación de enerxías renovables, e coa propia realidade das fontes renovables que autoabastecen As Corcerizas, teremos unha visión práctica e realista deste eido e da súa situación [...]

  • Curso práctico de Educación Ambiental. Aberto o prazo de inscrición!
      Durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro, dende Amigos da Terra levaremos a cabo unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade. A través deste curso aportaremos coñecementos, ferramentas e estratexias aos/ás asistentes para ser transmisores/as de aptitudes, coñecementos e valores; capaces [...]

Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.