|

Amigos da Terra ven anunciando e preparando nas últimas semanas a celebración duns seminarios prácticos sobre lexislación ambiental: como protexer o medio ambiente dende a lei.
Estes seminarios están pensados para todos/as aqueles/as que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para todos/as aqueles/as socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as ou achegados/as á asociación e sensibilizados coa protección do medioambiente.
Como aplicar na vida cotiá de todos/as nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental.
Con estos seminarios convertirémonos en ecovixías e defenderemos o medio ambiente "coa lei na man".
DATAS: 15 ao 18 de decembro
LUGAR de CELEBRACIÓN: sala B4 do Edificio Politécnico do campus. As Lagoas de Ourense
HORARIO: 16h a 20h. PROGRAMA:
15 de decembro Nacemento do Dereito Ambiental. Lexislación 16 de decembro
Mecanismos de denuncia. Órganos administrativos competentes 17 de decembro
O Convenio de Aarhus. Nacemento da RADA- Rede de Avogados para a Defensa Ambiental. 18 de decembro Casos prácticos: infraccións administrativas, delitos ecolóxicos, alegacións, petición de información ambiental.
Inscrición de balde Remate prazo inscrición: 11 de decembro "A protección do medio ambiente dende o eido xurídico, é o resultado do arduo traballo que Amigos da Terra ven desenvolvendo dende os seus comezos. É importante saber que lexislación protexe o entorno ecolóxico e que medidas tomar ante unha infracción ou un delito ecolóxico". Interven activamente na protección do medio ambiente, esperámoste nos seminarios! Apúntate xa no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou chamando ao 988.374.318 (Montse).
P.D.: O lugar de impartición, pode verse sometido a modificacións por causas alleas a Amigos da Terra. Notificarase o cambio de sala de ser o caso. |