Portada NOVAS Unha empresa galega contamina o río Tórdea con dous verquidos pola incorrecta xestión da depuradora
Unha empresa galega contamina o río Tórdea con dous verquidos pola incorrecta xestión da depuradora
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 02 Marzo 2009 10:20
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
A empresa Leite Río S.L. provoca dous verquidos que causan a morte de miles de especies piscícolas (troitas, bogas e anguias) ao río Tórdea na localidade de Veiga de Anzuelos en Sarria (Lugo) pola mala depuración das augas residuais que chegaron ao río e afectaron gravemente á fauna do mesmo.

Dúas sentenzas avalan a presenza de verquidos contaminantes no río, unha da Audiencia Provincial de Lugo de maio de 2007, e outra, do Tribunal Supremo (Sala Penal) de abril de 2008. Tanto unha como outra, afirman que os feitos son constitutivos de delito contra os recursos naturais e o medio ambiente previsto e penado nos artigos 325 e 326.b) do Código Penal. E os feitos son así cualificados porque as probas pericias e as dilixencias de investigación que arrancaron co SEPRONA, arroxan uns dados que reflicten que se provocou unha situación “incompatible coa vida dos peixes” e unha “forte alteración do hábitat dos peixes” (STS 141/2008, de 8 de abril).

Os parámetros alterados que causaron a mortandade dos peixes, teñen a súa orixe nas augas residuais provintes do verquido do colector da empresa provocando unha coloración branqueciña nas augas do río.
Fonte: J.M. Ramos. Río Tordea
Por este primeiro verquido, o administrador e representante da empresa foi acusado de incorrer dolosamente e de forma cualificada, nun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente polo que a Audiencia de Lugo o condenou a unha pena de 4 anos prisión, inhabilitación especial por 3 anos para desempeñar o cargo de administrador dunha empresa, multa de 300 euros diarios e abono de 24000 euros á Consellería de Medio Ambiente en concepto de danos á fauna.

O acusado recurriu elevando a casación ao Tribunal Supremo que dictaminou a pena de prisión de dous anos “como autor dun delito contra o medio ambiente xa definido”. O alto tribunal considerou a rebaixa da pena con respecto á Audiencia Provincial de Lugo. Carecendo de antecedentes penais, o acusado e autor dos feitos non ingresou en prisión e a morte de 3000 exemplares (1526 troitas, 1471 bogas e 3 anguias) causando un grave dano ecolóxico ao curso fluvial, saldouse co pago dunha sanción económica.

Quizáis foi esa facilidade á hora de non cumprir condena en prisión a que levou a cometer o mesmo acto en agosto do 2002 polo que agora se enxuiza no Xulgado do Penal de Lugo. Existindo, igual que no primeiro caso, proba pericial que conclúe que o responsable da empresa enfróntase a un delito medioambiental pola morte de 83 bogas e 1818 troitas do río Tórdea.

Amigos da Terra
considera unha mofa á xustiza e á lexislación ambiental a actuación do responsable da empresa causante da contaminación ao río Tórdea por dúas ocasións. A reiteración dos danos debera ser considerada unha circunstancia agravante polo que a posible imposición dunha pena de prisión de 3 anos, é considerada por Amigos da Terra insuficiente para crear un efecto disuasorio á hora de cumprir coas normas que interveñen no proceso de bo mantemento da depuradora da empresa onde se orixinou o verquido capaz de “alterar significativamente o ecosistema fluvial”, declarou o Ministerio Fiscal.

Directiva relativa á protección do medio ambiente mediante o Dereito penal


Esta norma aprobouse en Europa en maio de 2008 e antes de decembro do 2010 debe trasporse ao dereito español e promove que os Estados membros se aseguren de que certas conductas sobre o medio ambiente, sexan constitutivas de delito, se cometan dolosamente ou por imprudencia grave.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.