Portada NOVAS Publícase o Informe anual 2008 do Valedor do Pobo
Publícase o Informe anual 2008 do Valedor do Pobo
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 10 Xuño 2009 08:36
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
O Informe anual do Valedor do Pobo recolle todos aqueles aspectos que son reflexo das queixas enviadas pola cidadanía galega, non só no tocante aos aspectos sociais, senón tamén a nivel ambiental.
Amigos da Terra dirixiu durante o 2008 diferentes queixas a esta institución baseadas na falta da obtención de información ambiental, principalmente, que debía proporcionar o goberno galego.


O Valedor do Pobo tramita todo tipo de queixas que versen sobre a protección e defensa dos dereitos fundamentais, a defensa das persoas fronte aos organismos públicos, a mediación entre a cidadanía e a administración, a supervisión da actividade das administracións e, en definitiva, as propostas para beneficiar a toda a cidadanía.
Amigos da Terra considera á figura do Valedor do Pobo como unha importante ferramenta de protección dos dereitos ambientais, ademais, coa publicación deste Informe deixa ver as carencias detectadas e executadas polo anterior goberno e padecidas por toda a cidadanía galega.

Entre as carencias recollidas no Informe, fai unha especial e profunda reflexión sobre a situación da actividade mineira en Galicia, tanto pola situación ilegal na que se atopan a gran maioría destas actividades aludindo á “situación de indefinición sobre as explotacións sen licenza”, á “eventual legalización das explotación, en especial no relativo ás condicións ambientais”, así como aos plans de restauración dos espazos naturais afectados polas actividades extractivas e ao inaxeitado funcionamento das explotacións mineiras a ceo aberto que son nas que máis se denotan as carencias ambientais.
Neste senso, o Valedor do Pobo serviu como canle fronte ás diversas denuncias interpostas por Amigos da Terra ante a delegación provincial da Consellería de Industria de Ourense respecto á incorrecta xestión que dunha escombreira se viña producindo polo titular dunha explotación mineira a ceo aberto na localidade ourensá de Toén.

Ademais, o Informe recolle as omisións que se poden detectar nas avaliacións de impactos ambientais e que polo tanto, apróbanse ditos documentos sen analizarse axeitadamente.

As contaminacións por verquidos orixinados polos déficits nas infraestruturas de condución, separación e tratamento de augas residuais, xunto aos problemas específicos producidos por depuradoras de augas residuais, son outros dos problemas ambientais que se veñen padecendo de forma reiterada na nosa Comunidade autónoma.

Fai tamén unha especial chamada de atención, polo gran número de queixas recibidas, respecto á instalación de antenas de telefonía móbil pola súa proximidade ás vivendas e por non dispór das preceptivas licenzas municipais para a súa legal instalación.

Por último, recalca a necesidade e obrigatoriedade por parte das institucións de dar cumprimento ao Convenio de Aarhus sobre todo no tocante ao acceso á información ambiental, xa que se produce unha inxustificada falta de resposta ou “demora desproporcionada na falta de medios”.
Neste senso, Amigos da Terra vai publicar proximamente un documento de acceso a toda a cidadanía e ONGs ambientalistas para consultar cales son os dereitos ambientais que recolle a Lei 27/2006, do 18 de xullo, como norma que traspón o citado Convenio ao noso ordenamento xurídico.
O Valedor, ademais, admitiu a trámite todas as queixas da asociación e, tan so no caso da petición de información sobre o posible emprazamento de cultivos de transxénicos, onde remitiu a nosa queixa á figura estatal do Defensor del Pueblo, conseguiu obter a información que de modo reiterado solicitaba Amigos da Terra ás institucións galegas.

En todo caso e, pese ao valor que poida ter o traballo desta figura, son as distintas administracións as que en primeira instancia deberan resolver as demandas da cidadanía sen que esta teña que recorrer en segundas partes, neste caso, ao Valedor.

Podes consultar o Informe completo premendo aquí
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.