Portada NOVAS Amigos da Terra recibe documentación do Valedor do Pobo relativa á canceira de O Carballiño
Amigos da Terra recibe documentación do Valedor do Pobo relativa á canceira de O Carballiño
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 28 Agosto 2009 13:22
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

fosa_cansmortos_portada

 

A documentación do Valedor do Pobo foi recibida hoxe por Amigos da Terra que tramitara unha queixa ante o mesmo en marzo deste ano, debido á falta de contestación da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e do concello de O Carballiño, sobre as medidas e servizos da canceira para acadar o benestar dos animais que nela cohabitan.

 

A documentación achegada é froito das pesquisas realizadas pola institución do Valedor e dirixidas á Consellería do Medio Rural, que agora acolle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e ao concello de O Carballiño. Ditas pesquisas verifican o mal estado no que se atopa a canceira municipal de A Medela ao longo de todos estes anos.

 

Por un lado, a Consellería do Medio Rural remite informe relativo á queixa do Valedor o 17 de xullo pasado, e en el expón datos tan alarmantes como os que xa foran denunciados por Amigos da Terra.

Así, expresa: “Con data 29 de decembro de 2006, nunha visita de comprobación dunhas obras de construción e ampliación do centro, persoal do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza puido comprobar un estado sanitario e de benestar moi deficiente dos animais acollidos no centro, así como unha incorrecta xestión do mesmo”.

 

Canceira A Medela. 3 de marzo 2009

Mortos_recentes_marzo

 

Continua o informe máis adiante dicindo que existe un servizo veterinario integrado por persoal do Hospital Clínico Veterinario da Facultade de Veterinaria de Lugo e conveniado dende o 2006 pola anterior Consellería de Medio Ambiente. Este servizo desprázase ás protectoras de animais para comprobar o estado no que estes se atopan. Nunha visita que o servizo realiza, póñese de manifesto o seguinte: “inexistencia de subministro de luz e de auga das instalacións, a existencia dunha fosa de cadáveres dos animais a ceo aberto e o inminente desbordamento da fosa séptica, así como indican, entre outras deficiencias de manexo, que os animais son alimentados unicamente tres días á semana e que non existe control de reprodución entre os animais que se aparean libremente”.

 

Neste contexto, é inevitable abrir o debate de por que non se trataron de paliar as gravisimas deficiencias que xa foran detectadas e sobre as cales non se puxo ningún tipo de solución para garantir o benestar dos animais polos órganos competentes, a Consellería de Medio Ambiente e o concello de O Carballiño.

 

Doutro lado, o propio concello volve tentar a excusa de inhibirse de toda resposabilidade sobre a xestión do centro con anterioridade a xaneiro deste ano, data na que se fará cargo exclusivamente da mesma. Sen embargo, o Valedor expón claramente que, “a canceira era de titularidade municipal, como se desprende do acordo do pleno de 23 de outubro de 2008, que fala da canceira municipal, polo que todo indica que tratábase dun concesionario das instalacións municipais, o que non permite deducir que o ente local non seguira sendo responsable - aínda ca xestión estivera levada a cabo pola asociación ecoloxista Outeiro – tanto por esa razón como polo exercicio das competencias propias na materia”.

 

Estes son algúns dos datos resultado das pesquisas do Valedor do Pobo e postos en coñecemento de Amigos da Terra. Ante esta verificación oficial das denuncias interpostas por varios colectivos ecoloxistas e polo propio Servizo de Protección da Natureza de O Carballiño este ano, ademais do recoñecemento de avogado de oficio para levar a causa que xa está dende maio no xulgado de instrucción carballiñés, de poucos argumentos dispón o concello para evitar a penalización dos feitos”.

 

Podes atopar máis información en matarpormatarnon.org

Ourense Dixital

 

 

 

 

 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.