Portada NOVAS Medio Rural responde ás alegacións de Amigos da Terra sobre a ZEPA da Limia
Medio Rural responde ás alegacións de Amigos da Terra sobre a ZEPA da Limia
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 21 Outubro 2009 15:43
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

zepa_limia

Amigos da Terra presentou en agosto de 2007, durante o periodo de exposición pública do proxecto de decreto polo que se querían declarar zonas de especial protección para as aves (ZEPAS), A Limia e Pena Trevinca, varias alegacións co fin de persistir na idea da necesidade de dar cumprimento ao mandato europeo de ampliar as zonas de protección das aves en Galicia e, por outro lado, garantir que ese nomeamento sirva para a protección efectiva de ditas zonas.

 

A Consellería do Medio Rural, ven de enviar contestación a Amigos da Terra sobre as alegacións que esta presentou no seu día e que nunca foron resoltas polo goberno anterior. Máis de dous anos tardou o executivo galego en dar cumprimento á obrigatoriedade que posúen as administracións públicas de resolver as propostas da asociación alegante.

 

O contido da resposta enviada conclúe a aceptación parcial das alegacións presentadas e o axuste da delimitación da ZEPA quedando como proposta definitiva a ZEPA de A Limia cunha extensión de 6.930ha., o que suporía “o 21,2% da superficie total de IBA (inventario de Áreas Importantes para as Aves) publicado por SEO/Birdlife”.

 

Ademais, optouse por definir unha zona periférica de protección, segundo establece a Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, cunha superficie de 7.558ha., que “non ten a condición de espazo natural protexido”.

 

A Xunta de Galicia pretende promover nesta zona, medidas de apoio agroambientais tendentes a compatibilizar as prácticas agrícolas coa conservación das aves e os seus hábitats, co fin de garantir unha mellor conservación da ZEPA.

 

Pese a aparente vontade política de cumprir a normativa ambiental, o certo é que en maio de 2008 o Reino español recibiu unha Carta de emprazamento da Comisión Europea relativa á designación insuficiente de ZEPAS. En xuño do 2007 se dictara sentenza polo Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea no que se informaba da sanción pecuniaria que este podía impór polo incumprimento da Directiva 79/409/CEE, coñecida como Directiva Aves. Ante isto, o goberno galego aprobou a declaración da ZEPA “Pena Trevinca”, acatando so parcialmente aquela sentenza.

 

Ante esta situación por incumprimento, estase a definir e perfilar a declaración definitiva da ZEPA “A Limia”.

 

Amigos da Terra espera que este nomeamento chegue a bo fin e non se anclen as inicias intencións tan só baseadas en apercibimentos por sancións e non por unha clara conciencia ecolóxica dos gobernos.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.