Portada NOVAS O TS dictou unha sentenza que condena ao pago de costas a dous grupos ecoloxistas
O TS dictou unha sentenza que condena ao pago de costas a dous grupos ecoloxistas
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 26 Outubro 2009 16:49
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

TribunalSupremo

 

O Tribunal Supremo (TS) dictou sentenza condenando ao pago de 50.000 euros por costas a dous grupos ecoloxistas. Ambos grupos viñan denunciando a reiterada contaminación do río Segura por verquidos ilegais por parte dunha empresa privada.

 

Amigos da Terra considera desafortunada esta resolución xudicial pois castiga a quen trata de defender un ben colectivo, como é o medio ambiente e, pola contra, deixa impune o feito ilegal de verquer ao río.

 

A constitución de fianzas en via xudicial é un tema moi polémico xa que na maioría dos casos os ecoloxistas que solicitan ao xuíz unha paralización como medida cautelar, son condenados ao pago de costas, pago que deixa ante unha total desprotección, non só aos grupos denunciantes que non se poden facer cargo desa contía, senón ao propio medio ambiente que queda ás expensas da decisión xudicial.

 

No caso dos verquidos ao río Segura, o alto Tribunal baseouse na presunta mala fe dos ecoloxistas. Pero, como se proba a “mala fe procesual” de quen ten a boa intención de protexer un ben colectivo como é o medio ambiente?

 

Namentres, o artigo 20.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial establece que “non poderán esixirse fianzas que pola súa inadecuación impidan o exercicio da acción popular, que sempre será gratuíta”. É incuestionable que a intermediación de grupos ecoloxistas en procesos xudiciais será sempre en aras a garantir a conservación do medio ambiente asumindo o papel das administracións irresponsables.

 

Parece obvio que ante esta decisión xudicial, contra a cal só cabe interpór recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, os grupos como Amigos da Terra rexeitemos o perverso exercicio da acción popular que se prevé como gratuíta pero que finalmente se interpreta como un acto de mala fe que impide, polo tanto, a obriga de denunciar cando se coñeza a perpetración dun delito que puidera devir en causas irreversibles para o medio ambiente.

 

Consulta a sentenza aquí e deixa a túa opinión: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.