Portada NOVAS 10 de abril: Defensa cidadá do medio ambiente. Curso práctico
10 de abril: Defensa cidadá do medio ambiente. Curso práctico
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 29 Marzo 2010 09:11
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091110_xornadasxuridico

 

 

A Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado do concello de Ourense e Amigos da Terra organizan unha xornada de medio ambiente e participación cidadá creando un espazo para outorgar as canles axeitadas para que o cidadán poida denunciar unha presunta agresión ambiental.

 

Amigos da Terra pretende simplificar este proceso de denuncia mediante este curso que ten como obxectivo principal o de dar información sobre como saber se unha situación está fora da normativa ambiental vixente e como formular unha denuncia ambiental, cando e onde presentala.

 

Con elo, contribuir á labor das administracións públicas para pór fin á problemática que xera o descoñecemento da normativa ambiental vixente. O obxectivo é o de aportar claves que permitan mellorar a eficiencia da denuncia ambiental.

 

 

Contido das Xornadas:

 

1.Orixe e concepto do dereito ambiental. Lexislación

 

2.O dereito ambiental: dende a administración europea á administración local

 

3.A denuncia ambiental: tramitación e órganos competentes, as Administracións Públicas e a Administración de Xusticia

 

4.Obradoiro práctico de identificación de agresións ambientais

 

 

Imparte: Asesoría xurídica de Amigos da Terra

 

Lugar e data de celebración: 10 de abril de 11.30 ás 13.30h. na Casa da Xuventude de Ourense.

 

Para público en xeral

 

Inscrición de balde en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no 988.38.51.84 (Berta) ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no 988.37.43.18 (Montse)


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.