| Medio Rural establece como obxectivo esencial o cumprimento da norma de identificación de equinos |
| Escrito por Montse Valencia |
| Mércores, 21 Abril 2010 17:31 |
|
O pasado mes de novembro, Amigos da Terra enviou á Consellería do Medio Rural, un escrito no que facía constar a necesidade de dar cumprimento ao contido do Decreto 268/2008, de rexistro e identificación dos animais equinos, para pór fin á ilegal práctica da colocación de cepos ou trabas "causantes de sufrimento e danos innecesarios e que limitan a liberdade de movemento”.
Con estas palabras, define a Consellería a situación que se atopa estendida polos montes galegos sobre un tipo concreto de maltrato animal, sobrada y reiteradamente denunciado por Amigos da Terra. Nesta mesma contestación que envia a administración, explicitamente convoca a todos os titulares de explotacións gandeiras a cumplir a “obrigatoriedade de identificación dos animais e o cumprimento das condicións de benestar animal [...]”.
Na actualidade están a desenvolver o dito sistema de identificación coa participación do Consello Galego de Colexios Veterinarios.
As iniciais intencións da Consellería competente nesta materia para a protección do gando equino en Galicia, teñen un bo fin salvo que, como acontence na maioría das ocasións, eludan o articulado das normas e omitan as canles para evitar que se continuen producindo ilegalidades que repercuten directamente no benestar animal.
Algunha das pautas recomendadas por Amigos da Terra neste senso, son a creación de xornadas informativas aos gandeiros titulares de explotacións co fin de que por un lado, se evite que particulares paguen multas por descoñecemento e polo outro, evitar que os animas continuen padecendo sufrimento e maltrato.
|





