Portada NOVAS Amigos da Terra lembra á administración o deber de presentar os Plans Hidrolóxicos de Conca
Amigos da Terra lembra á administración o deber de presentar os Plans Hidrolóxicos de Conca
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 30 Xuño 2010 13:35
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

santoestevo

 

Recentemente, a Comisión Europea apercibiu ao Estado membro español por non ter rematados os plans hidrolóxicos de conca que a Directiva Marco da Auga esixía presentar antes do 22 de decembro pasado.

 

O retraso na presentación dos plans fixo que o executivo comunitario tomara esta decisión outorgando un prazo de 2 meses para o cumprimento da obriga, prazo despois do cal abrirase a fase de información pública para a presentación de alegacións a ditos plans, se estes finalmente se elaboran en prazo.

 

Amigos da Terra, que veu participando no proceso público de adaptación da Directiva Marco da Auga, cualifica a desobediencia administrativa española como a resposta da importancia que o departamento do Ministerio de Medio Ambiente outorga á regulación de materias tan imprescindibles como son aquelas que atañen ao control e conservación das augas. Namentres, o goberno anuncia importantes inversións económicas en obras hidráulicas sobre as que se debe garantir, non so a idoneidade económica para construílas senon, e sobre todo, a ambiental, marco que debera vir amparado polos plans de conca.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.