| A RADA denuncia malas prácticas na Comisión Europea |
| Escrito por Montse Valencia |
| Luns, 20 Setembro 2010 11:29 |
|
Estas cartas non foron contestadas no prazo preceptivo de 15 días polo que RADA reiterará unha resposta. A través dos escritos, a RADA quere manifestar á Unión Europea, a máis absoluta preocupación polo desleixe que demostra desde fai xa un tempo o servizo xurídico da Dirección Xeral de Medio Ambiente á hora de tratar as denuncias que os cidadáns transmiten á Comisión Europea.
En efecto, a Rede constata a través dos contactos coa ONG e afectados que escribiron á Dirección Xeral, as denunicas polos danos ao medio ambiente e posibles infraccións ao dereito comunitario medioambiental e que actualmente o servizo xurídico da Dirección Xeral optou por inhibirse á hora de dar a debida resposta a estas denuncias. O xeito de levalo a cabo non é outro que intentar non rexistrar as queixas, e aquelas que non hai máis remedio que rexistralas, arquivalas á menor oportunidade.
O texto íntegro das cartas pódese consultar no blog da RADA pinchando aquí
|

En cartas dirixidas no mes de xullo a Don Janez Potocnik, Comisario de Medio Ambiente da Unión Europea e a D. Karl Falkenberg, Director Xeral de Medio Ambiente da Unión Europea, a Rede de Avogados para a Defensa Ambiental (RADA), da que é parte a asesoría xurídica de Amigos da Terra, saca á luz pública irregularidades na investigación da correcta aplicación do dereito comunitario por parte dos servizos da Dirección Xeral de Medio Ambiente á hora de tratar as denuncias que os cidadáns españois transmiten á Comisión Europea.


