Portada NOVAS O Plan de Ordenación do Litoral como prolongación dos erros ambientais do territorio
O Plan de Ordenación do Litoral como prolongación dos erros ambientais do territorio
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 01 Outubro 2010 09:40
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

litoral

 

As alegacións tramitadas por Amigos da Terra destacan a importancia do contorno mariño de Galicia, así como a contaminación, a excesiva, continuada e acelerada urbanización, e a crítica ao proceso de participación cidadá.

 

Respecto ao saneamento das augas residuais urbanas nas poboacións costeiras, en moitos casos dáse unha mala ou inexistente depuración de augas coa conseguinte vertedura directa de augas contaminadas, tanto urbanas coma industriais, ao medio mariño. No caso de depuradoras pequenas xestionadas por concellos, unha vez postas en marcha non se produce un mantemento axeitado das mesmas polo que deixan de funcionar e realizan verteduras directas de auga sen depurar. Noutros casos, estas depuradoras están infradimensionadas xa que a falta de planificación fai que os municipios permitan un aumento de poboación polo que as depuradoras deben xestionar moita máis auga residual.

 

O obxectivo fundamental do POL galego non é a protección efectiva e integral da costa, senon a depredación dun territorio atractivo no que a especulación convértese na moeda de cambio entre constructoras e administracións. Na maioría dos casos, as decisións que se toman sobre a costa fan irreversible a recuperación orixinaria do contorno, por iso é de gran importancia delimitar taxativamente que é o que non se pode facer nos espazos costeiros nin nas zonas periféricas, sexan de proteción especifica ou non.

 

Faise necesario facer fincapé na obrigatoriedade que teñen as autoridades públicas que van a aprobar un plan ou proxecto que teña incidencia no medio ambiente, de dar cabida á participación da poboación e dos axentes implicados na protección do medio ambiente. Obviando dita participación, a presentación de alegacións convértese nun trámite que acurta as expectativas dos colectivos que, como Amigos da Terra, pretenden traballar pola conservación do medio ambiente e polo cumprimento das normas que o regulan.

 

Por iso, Amigos da Terra fai sempre especial mención ao traballo que dende a educación ambiental, se debe promover polas administracións. E na creación dun POL tamén, xa que o obxectivo dun desenvolvemento costeiro equilibrado pasa pola formulación dunha estratexia que permita revitalizar e intensificar as accións nos diferentes escenarios e cos diferentes axentes a través da divulgación dos estudos, análises e contidos do POL, enmarcados en programas de difusión e divulgación para conseguir unha formación permanente a diferentes niveis e para desenvolver máis eficazmente a xestión sostible dos recursos e do territorio.

 

Consulta o texto das alegacións pinchando aquí

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.