Portada NOVAS Ábrese o periodo para o envío de suxerencias ao segundo Informe de Aarhus
Ábrese o periodo para o envío de suxerencias ao segundo Informe de Aarhus
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 19 Outubro 2010 13:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
logooficial_radaA finais de mes remata o prazo aberto polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino (MARM), para o envío de suxerencias que serán incorporadas ao texto, logo do seu estudio. Este informe, unha vez sexa rematado polo MARM, presentarase na IV Reunión das Partes do Convenio de Aarhus que terá lugar no mes de xuño en Chisinau, Moldavia.

 

O Convenio sobre acceso á información, á participación pública e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, feito en Aarhus o 25 de xuño de 1998 e ratificado por España en decembro de 2004, obriga aos Estados parte a informar periodicamente do seu cumprimento mediante a presentación á Reunión das Partes do chamado “Informe Nacional de Cumprimento”, en cuxa elaboración están implicadas todas as administracións públicas cuxas actuacións teñan repercusión sobre o medio ambiente.

 

Durante a última reunión do Grupo de Traballo das Partes, celebrada en Xenebra o pasado mes de xullo de 2010, desde o Secretariado do Convenio insistiuse na necesidade de traballar na preparación deste 2º Informe Nacional de Cumprimento.

 

A Rede de Avogados para a Defensa Ambiental, da que forma parte Amigos da Terra, está elaborando un documento para enviar ao Ministerio no que se detallen aqueles casos nos que a administración, ben sexa autonómica, local ou estatal, reiterou o incumprimento do contido de Aarhus, tanto en materia de traspaso de información ambiental como en materia de participación pública.

 

A través do correo electrónico seguinte Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , calquera cidadán ou entidade poderá facer o envío das suxestións, queixas ou carencias que percibe sobre o 1º Informe Aarhus.

 

O resto de documentación necesaria está dispoñible na páxina do MARM.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.