| O caso da canceira de O Carballiño pasará a mans da Audiencia Provincial de Ourense |
| Escrito por Montse Valencia |
| Luns, 25 Outubro 2010 12:36 |
|
O 19 de novembro darase traslado ao xuíz da Audiencia Provincial (AP) de Ourense, do recurso de apelación interposto contra o auto de arquivo do xulgado de instrucción de O Carballiño sobre o caso dos máis de 70 cans mortos na canceira municipal.
En marzo do 2009, membros de Amigos da Terra e doutros grupos da zona de O Carballiño, atoparon dentro do recinto da canceira, unha foxa chea de cadáveres de cans cubertos de sangue e cal.
Ao longo deste tempo, vense traballando para disipar as dúbidas que rodean o caso. Evidentemente, todo parece reconducir a un delito de maltrato animal con resultado de morte. Por iso, a través do avogado de oficio que ten a a asociación, tramitouse a denuncia ante o xulgado de instrucción de O Carballiño a cal foi arquivada. Coa Audiencia Provincial, ábrese a posibiliadde de que o caso sexa estudiado por un xuíz de Ourense.
Logo da revisión polo xuíz da AP, este resolverá a admisión a trámite da denuncia se estima que efectivamente e tal e como defende Amigos da Terra, existen numerosos indicios de maltrato animal sobre as decisións tomadas pola Concellería de medio ambiente carballiñesa.
|





