| Amigos da Terra celebra que a Unión Europea recoñeza as irregularidades de Vigozoo |
| Escrito por Montse Valencia |
| Venres, 10 Decembro 2010 12:08 |
|
O colectivo ecoloxista leva máis dunha década denunciando as irregularidades do parque zoolóxico de Vigo ao entender que se incumpren, desde un principio, os contidos da Directiva de Zoos do ano 99.
Última hora: accede ao texto da sentenza pinchando no seguinte enlace Sentencia_09-12-2010_zoos.doc
O parque zoolóxico vigués leva incumprindo sistematicamente o contido das normas xurídicas que regulan a legalidade dos centros sen que ningún dos Gobernos que pasaron polo Concello foran capaces de pór fin a unha situación agora xa oficialmente ilegal, segundo recolle unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea dada a coñecer esta semana.
O pasado mes de marzo, Amigos da Terra calificou a reapertura de Vigozoo como unha “pírrica vitoria” do Concello de Vigo, cuxo orixe ven para os ecoloxistas probablemente do afán da Xunta de Galicia de evitar conflitos políticos entre ela e o Concello, que xa eran candentes co tema da depuradora, outorgando autorizacións prematuras sen corroborar efectivamente a adaptación do zoo ás normas que o regulan.
Por outra banda, Amigos da Terra leva interpostas varias denuncias de petición da documentación do zoo que entende que é documentación ambiental ao recoller o estado e benestar dos animais que están no parque e sen que ata o de agora a Concellería de Medio Ambiente de Vigo que preside Chús Lago, fora quen de reconocerlle este dereito ao colectivo, que se expresa a este respecto dicindo unha vez teñamos á nosa disposición a documentación do zoo, esta será remtida a Europa que contrastará e avaliará se correspondía a reapertura do zoo.
O baremo de mínimos empregado por ambas Administracións, local e autonómica, toca teito coa sentenza europea. |





