Portada NOVAS Iníciase o proceso de exposición pública do Plan Hidrolóxico Miño-Sil
Iníciase o proceso de exposición pública do Plan Hidrolóxico Miño-Sil
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 16 Decembro 2010 09:09
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

280809_riosil

Ao longo deste ano, Amigos da Terra asistiu as xornadas de participación pública activa organizadas pola Confederación Hidrográfica co fin de perfilar o contido do borrador do Plan Hidrolóxico Miño-Sil que saiu onte publicado co fin de que todos os cidadáns teñan acceso ao mesmo e poidan, durante os vindeiros 6 meses, facer aportacións e suxestións.

 

A participación pública que promove a Directiva Marco da Auga (DMA) e que ten a súa orixe no Convenio de Aarhus, é parte dunha obriga que as administracións deben promover de cara a obter documentos consensuados coa poboación e cos diferentes axentes implicados na protección do medio ambiente.

 

Neste caso, o Plan da conca Miño-Sil pretende ser un texto preciso á hora da regulación dos denominados “caudais ecolóxicos”. Amigos da Terra, que presentou un exemplo de falta de caudal do río Sil polas obras executadas por unha empresa o verán do 2009, quiso remarcar a necesidade de dar unha base legal a este concepto convertíndoo en preceptivo para as explotacións hidroeléctricas e non voluntario como ata o de agora.

 

Segundo Amigos da Terra, é tamén necesaria a homoxeneización dos criterios de medición dos caudais respecto a otros Plans de conca e a revisión das concesións hidroeléctricas, tanto executadas como non, para saber se as mesmas se adaptan a esta nova obriga sobre caudais e con elo garantir a “preservación da vida dun río”, tal e como expuseron membros da administración por que o que acaba acontecendo é que, un ben a priori público como é a auga, acaba patrimonializándose por empresa privadas e administracións.

 

Periodo de exposición pública no que poder facer alegacións: ata o 15 de xuño do 2011.

Consulta o texto do borrador pinchando neste enlace

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.