Portada NOVAS Participación na 3ª mesa de elaboración do PHGC
Participación na 3ª mesa de elaboración do PHGC
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 31 Xaneiro 2011 11:48
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cabohome

 

Amigos da Terra asistiu á 3ª e derradeira mesa de participación activa na elaboración do borrador do Plan Hidrolóxico Galicia-Costa (PHGC). A publicación do Plan é inminente e ata o 20 de febreiro todos aqueles interesados poderán presentar alegacións ao borrador que será definitivamente aprobado a finais de mes pola Consellería de Medio Ambiente.

 

A 3ª mesa celebrada o pasado venres en Vigo, pecha un ciclo de xornadas activas de participación dos axentes implicados na protección do medio ambiente e demais asistentes dando implementación práctica ao contido da Lei Aarhus que no seu 2º pilar establece a obriga que teñen as administracións públicas que elaboren un plan o programa con incidencia no medio ambiente, de ter en conta as suxerencias e manifestacións dos axentes e nun estadio anterior á publicacción do borrador do Plan xa que esas aportacións van ir perfilando os distintos aspectos que propoñan ditos axentes.

 

E neste sentido, Amigos da Terra continúa avaliando o contido do borrador do Plan desde un punto de vista ecolóxico tratando de que o mesmo se adapte á diversa lexislación de protección medioambiental existente.

 

As propostas de Amigos da Terra baseáronse nos seguintes puntos:

 

  • necesidade de inculcar aos municipios á obrigatoriedade de cumplir o Plan e de informalo aos seus habitantes
  • necesidade de revisar as concesións hidroeléctricas outorgadas para coñecer se estas se adaptaron ao rexime de caudais ecolóxicos que a Lei de Pesca Fluvial regula e sen que medie indemnización imputable ás administracións
  • convocatorias das mesas mediante prensa

  • inclusión no Plan do compromiso da administración de implicar ás asociacións ecoloxistas cuia valoración, avaliación e suxestión de documentos e expedientes administrativos teñen unha base cualificada e cuio dereito ademáis, deriva da interpretación explícita que a Lei de Aarhus recolle

 

 Todos os axentes participantes insistiron na necesidade de promover máis mesas de participación con sectores específicos, como o gandeiro polas repercusións ambientais que a súa actividade xera, o control das actividades deportivas nas augas costeiras, o aumento da coordinación entre as distintas administracións con competencia en materia de augas, a transparencia na información, non so de xeito dixital senón axilizar os mostradores administrativos, o dar maior publicidade ao Plan ou crear un grupo técnico de traballo galego con incidencia estatal para que medien ante a Unión Europea.

 

Podes consultar o borrador do Plan pinchando aquí e lembra que podes tramitar a túa alegación ben directamente dirixíndoa a Augas de Galicia ou a través do servizo xurídico gratuíto de Amigos da Terra ata o 20 de febreiro.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.