| O servizo de asesoría xurídica en Vigo |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 28 Marzo 2011 14:55 |
|
Queres asesorarte sobre como facer unha denuncia ambiental, cando e onde presentala e que repercusións terá? Queres aprender a facer alegacións para poder opinar sobre os proxectos das administracións?
O medio ambiente é un ben común e colectivo, cunha gran fraxilidade e difícil reparabilidade, que esixe a intervención de todos e todas para a súa conservación. Trátase por elo dun sector especialmente sensible á necesidade e valor da participación social. A sociedade atopa nos problemas ambientais ameazas serias para a súa saúde e a súa supervivencia asumindo a posibilidade de introducir reformas ou cambios institucionais capaces de enfrontar os devanditos riscos.
Achégate de martes a xoves ao local de Amigos da Terra – Agareso en Policarpo Sanz, 17, 1º D en Vigo e contarémosvos como protexer o medio ambiente dun xeito efectivo e gratuíto!
Como contactar: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no 986.125.171 Horario: de 8.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30h |





