Portada NOVAS Curso práctico sobre instrumentos legais para a defensa do medio ambiente
Curso práctico sobre instrumentos legais para a defensa do medio ambiente
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 16 Xuño 2011 09:58
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

lei

 

 

A xornada é gratuita e impartirase das 17.00 ás 20.00 horas do venres 24 de xuño na sede da entidade en Vigo. A data límite para inscribirse é o 22 de xuño.

 

Todas as persoas temos dereito a disfrutar dun medio ambiente axeitado, un contorno saudable, tamén nas zonas urbanas. Contamos con ferramentas de participación e instrumentos de denuncia, pero a realidade é que nos resulta unha linguaxe complicada e difícil de abordar, xa que moitas veces os termos xurídicos e os textos legais son deliberadamente incomprensibles para a cidadanía para desanimar o seu uso.

 

Co obxectivo de dar a coñecer os mecanismos que temos á nosa disposición para facer fronte a una agresión ambiental, Amigos da Terra desenvolve unha xornada gratuíta e práctica sobre a participación cidadá na defensa do medio ambiente.

 

Neste curso, dirixido ao público en xeral, explicaráse de xeito comprensible os distintos ámbitos de aplicación da normativa ambiental e as posibilidades que pon á disposición da cidadanía, desde o ámbito local ata o marco das institucións europeas.

 

Coa actividade intenta paliarse a situación actual, na que os recursos xurídicos non só so incomprensibles, senón que tampouco se divulgan axeitadamente para desanimar o seu uso. Consecuentememte, Amgios da Terra considera que “difícilmente podemos exercer un dereito si descoñecemos a súa existencia”.

 

A xornada desenvolverase o vindeiro venres 24 de xuño; dura tres horas, entre as 17.00 e as 20.00; e terá os seguintes contidos:

  • Orixe e concepto do dereito ambiental
  • Denuncia dende a administración local á administración europea
  • Tramitación e entidades ás que dirixirnos
  • Obradoiro práctico

 

O curso impartirase no local de Amigos da Terra e AGARESO en Vigo (rúa Policarpo Sanz nº 17 1ºD).

 

A xornada é gratuíta, pero ten prazas limitadas, sendo a data límite de inscrición o 22 de xuño.

Máis información: Instrumentos Legais para a Defensa do Medio

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.