Portada NOVAS Ábrese o periodo de consultas dun proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Casas en Ancares
Ábrese o periodo de consultas dun proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Casas en Ancares
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 28 Xuño 2011 13:19
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 

riocasas_portada

 

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico remitiu a Amigos da Terra o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Casas no municipio lucense de Cervantes, en Ancares. O proxecto presenta unha proposta privada de aproveitamento hidroeléctrico.

 

 

A agresividade que presentan este tipo de proxectos no medio ambiente debe avaliarse non so desde a perpectiva medioambiental, senón tamén desde a social, tantas veces esquecidas unha e outra polas distintas administracións. Amigos da Terra xa contactou cos veciños e veciñas da zona para informarlles da existencia deste proxecto presentado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño ao cal poden facerse observacións ata o vindeiro 8 de xullo.

 

Foto: río Casas (Cervantes, Lugo)

 

riocasas

 

Os propios veciños estanse organizando para difundir a información dun proxecto que de levarse a cabo bloquería a biodiversidade do río Casas na zona de San Tomé. As administracións neste punto deberan executar o seu obrigado papel de informadoras co administrado xa que este tipo de infraestruturas hidráulicas teñen un custo ambiental e social moi alto.

 

Foto: río Casas (Cervantes, Lugo)

 

riocasas2

 

O proxecto implica unha importante infraestrutura: construción dun azude de varios metros de altura, con obra de toma e anuncio dunha escada para peixes; tendido e soterramento de máis de 2 quilómetros de condución de presión de máis de 2 metros de diámetro y 220 metros de tubeira forzada de igual sección; edificio da central, equipos e líñas eléctricas, camiños, etc. A importancia da obra hidráulica e accesoria a executar nunha zona protexida y de recoñecido valor natural e paisaxístico como son as cabeceras do río Navia.

 

Se estás interesado en coñecer o contido do proxecto envía un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.