Portada NOVAS A Plataforma Ríos Limpos denuncia os verquidos reiterados ao río Barbaña
A Plataforma Ríos Limpos denuncia os verquidos reiterados ao río Barbaña
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 27 Xaneiro 2012 18:03
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

rios_limpos_

 

Diante dos últimos verquidos producidos ao canle do Rio Barbaña, dende a Plataforma Rios Limpos, da que forma parte  Amigos da Terra,  consideramos insultante a repetición continua dos verquidos, e desleixo que se produce por parte das distintas Administracións Públicas con competencias na conservación, vixilancia e custodia dos ecosistemas fluviais (Concellos, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Consellerías da Xunta de Galicia, Fiscalía...).

 

O Río Barbaña hoxe é un canle fluvial biolóxicamente morto debido aos constantes verquidos de todo tipo de substancias por parte de industrias, obras de construción, particulares...situación inexplicable e inxustificable nun país da Unión Europea, inxustificable polo incumprimento reiterativo de toda a lexislación que hai ao respecto.

 

Inxustificable tamén nos resulta a actitude das Administracións Públicas que miran para outro lado en vez de rematar cos verquidos e a impunidade con que actúan os culpables, lembramos que hoxe hai medios materiais, técnicos e humanos para detectar os verquidos e tamén para eliminalos e evitalos.

 

Despois do investimento de diñeiro público no "sistema de control de verquidos" por parte da Deputación de Ourense (sistema presentado o pasado día 23), Rios Limpos imaxina que a institución provincial xa mandaría os resultados da súa análise e a detección dos últimos verquidos á Fiscalía, a Confederación Hidrográfica, ao xulgado...para rematar coa impunidade dos delincuentes medio ambientais.

 

Os verquidos ao Barbaña dos últimos días (verquido do día 26, e verquidos continuados dende o 17 ao 19 de xaneiro de 2012) catro días continuados de verquidos contaminantes a un canle fluvial ¿serán ou non serán delito?. Estes feitos demostran unha vez máis a situación terceiromundista na que se atopa o sistema de depuración de augas urbanas e industriais dos concellos e polígonos industriais que verquen as súas augas ao Barbaña. ¿Que imaxe se da dunha cidade e dunha provincia que trata de potenciarse como Cidade Termal e provincia balnearia?, a triste realidade é que non coidamos precisamente o recurso "auga" da forma axeitada.

 

Recentemente a Unión Europea publicou un informe no que reflectía que: "había instalacións construídas para o 96% da carga contaminante que soportan os ecosistemas acuáticos da U.E.", tendo en consideración a situación que soportan a cotío os ecosistemas fluviais da cidade e provincia de Ourense evidenciase que nós estamos nese 4% dos incumpridores.

 

Á contaminación continuada que soporta o Barbaña son de aplicación os seguintes fundamentos de dereito: Os obxectivos ambientais do Plan Nacional da Calidade das Augas que ten como finalidade cumprir a Directiva Marco da Auga, o Decreto 174/1994, sobre control de verquidos para a protección do dominio público hidráulico e a Lei de Augas, aprobada por RD Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo e a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

 

A Plataforma Rios Limpos diante da situación creada vai a presentar de novo denuncias diante dos organismos competentes, e unha serie de medidas que consideramos imprescindibles para rematar cós verquidos e coa impunidade coa que actúan os agresores do dominio público hidráulico.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.