Portada Proxectos Amigos da Terra asistiu á segunda mesa de participación na elaboración do Plan Galicia-Costa
Amigos da Terra asistiu á segunda mesa de participación na elaboración do Plan Galicia-Costa
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cies

 

 

Amigos da Terra, que asistiu por segunda vez ás mesas, recalcou unha serie de puntos que deberan terse en conta pola administración á hora de elaborar o Plan Hidrolóxico definitivo.


 

Tanto o colectivo ecoloxista como outros asistentes ao evento, remarcaron uns puntos discordantes comúns: a falta de información ao público e a falta de comunicación e colaboración entre as propias administracións. Este dato pódese ver reflectido ao longo do texto do borrador xa que existen diversas incongruencias entre os datos arroxados, sobre todo nos resultados das análises das masas de auga, en canto ao espazo e o tempo e, en canto aos puntos representativos das mesmas.

 

Outros puntos tratados nos que se fixo especial fincapé foron:

 

  • Perspectivas que existen sobre a execución do contido do Plan e medidas que se van a tomar en consideración para vixiar o cumprimento do Plan

  • Incompatibilidades coa recente Lei de Augas de Galicia

  • Recuperación de concesións hidroeléctricas da época “franquista”. Compromiso de non autorizar máis centrais en espazos naturais e protexidos. Casos das centrais concedidas e executadas e o caso das centrais concedidas e non executadas.

  • Caudais ecolóxicos: necesidade de homoxeneizar criterios de medición a través das análises hidrobiolóxicas

  • Promover a demolición de obstáculos nos ríos (azudes e presas obsoletas)

  • Educación ambiental: necesidade de apoiar a grupos ou entidades que promovan actividades de sensibilización e concienciación sobre o coidado da auga. Voluntariado ambiental: promover e apoiar

  • Inventarios e análises de presións: impactos e medidas de correción

 

A participación pública nestes plans que repercuten no medio ambiente, son o resultado da aplicabilidade práctica do contido da Lei Aarhus. Así, a participación na elaboración do borrador deste Plan Hidrolóxico enmárcase nos requisitos establecidos na Directiva Marco da Auga (DMA) e promovidos, neste caso, polo organismo da Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia.

 

A 3ª mesa celebrarase o vindeiro mes de xaneiro. Se queres recibir máis información sobre estas mesas sectoriais de participación pública e sobre a documentación do borrador do Plan, ponte en contacto co departamento xurídico de Amigos da Terra a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou achégate aos locais que a asociación pon a túa disposición en Vigo e Ourense.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.