| Voluntariado Local |
|
En Amigos da Terra, ao igual que noutras entidades sen ánimo de lucro, existe un antes e un despois logo de ocorrer o caso do Prestige. Ben é certo que non todos os cidadáns comezaron a súa primeira acción voluntaria con esta catástrofe, senón que xa con anterioridade empregaban o seu tempo de modo voluntario nalgunha asociación ou entidade sen ánimo de lucro.
Vivimos nun mundo a 2 velocidades:
E así, atopámonos con que os avances tecnolóxicos e o desenvolvemento económico van por un lado, mentres que polo outro lado, vai o discernimento moral, as respostas políticas e a reacción cidadá, que, polo xeral, van a un ritmo máis lento. Atopámonos ante un mundo entre plural e uniformado. As aparencias enganan. Pensamos que todo o mundo é igual, pero en realidade hai moitas diferenzas e realidades moi distintas.
Isto, que supón para a acción voluntaria, para o voluntariado?
Todos os retos para o voluntariado nos levan á necesidade de comprometernos na sociedade. Este compromiso susténtase na participación como ferramenta imprescindible do voluntariado.
Hoxe en día contamos en Amigos da Terra cun nutrido grupo de voluntarios/as que, dun modo altruísta, poñen parte do seu tempo a disposición da Asociación.
Son rapaces e rapazas que teñen diversas motivacións á hora de facer unha acción voluntaria na Asociación: interese polo medio ambiente, gañas de coñecer xente cun denominador común: o respecto ó ambiente, de propor novas ideas, de formarse no eido da ecoloxía,...
E así, existen distintas áreas nas que participar como voluntario/a en Amigos da Terra:
A participación do voluntariado se desenvolve no horario laboral do que dispón a Asociación: polas mañás de 9:30 a 14:30h; e, polas tardes, de 16:30 a 20:30h. E tamén nas fins de semana para subir ao centro As Corcerizas, para facer Ecovixías ou ben para celebrar algún día destacado no calendario ambiental como o Día da Terra, o Día do Medio Ambiente, o Día dos dereitos do consumidor,...
A formación requerida é: dispor de tempo e gañas de colaborar con Amigos da Terra. Amigos da Terra forma parte do Programa de Acción Voluntaria da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galiza.
En definitiva, traballamos polo fomento do voluntariado coma unha ferramenta fundamental de apoio á Asociación e para promover o cambio social mediante a sensibilización e concienciación da cidadanía.
Actívate e colabora!!!!
|

Presentación


