Centro IRIS: Integrado de Recursos Información e Servizos de medio ambiente

Os Centros IRIS de medio ambiente son unha iniciativa de Amigos de la Tierra Juventud, sección xuvenil da organización Amigos de la Tierra, coa que se pretende facilitar a crecente demanda da cidadanía ó acceso á información ambiental e/ou exercer o seu dereito a un medio ambiente adecuado.

Dende os nosos centros proporcionamos unha serie de servizos especialmente pensados e adicados á mocidade, pero que son accesibles á toda a cidadanía, independentemente da súa idade e condición. A meirande parte dos nosos servizos son accesibles de balde por teléfono ou internet dende calquera punto do estado ou ben acercándose ate ás nosas oficinas. Podes coñecer máis detalles dos servizos que ofrecemos e acceder a moitos deles dende esta páxina web pichando aquí.

Na actualidade a nosa rede, con máis de cinco anos de andaina, conta xa con catro Centros IRIS de medio ambiente en distintos puntos da xeografía do estado estando subvencionados parcialmente polo INJUVE (Instituto de la Juventud). Optimizamos os nosos recursos humanos e técnicos traballando en rede e compartindo a información de xeito que se podes utilizar tódolos nosos servizos independentemente do centro o que te dirixas ou do lugar onde te atopes.

No conxunto de centros traballan actualmente un equipo multidisciplinar de nove técnicos que xunto cun nutrido grupo de voluntarios e voluntarias atenden os nosos servizos e levan a cabo as actividades. Infórmate de cómo ser parte do noso voluntariado.

DIRECCIÓN:

Oficina Central R/ Curros Enríquez, 19 - 1º interior 32003 Ourense - [ ver mapa]

EQUIPO:

Cristina Gómez (Bióloga): Coordinación.
Nuria Alonso (Ambientóloga): Información e documentación.
Montse Valencia (Avogada): Asistencia Xurídica.
Paula Vidal (Ambientóloga): Proxectos Ambientais.

HORARIO:

Atención ó público: 10.00 h - 14.30 e 16.30 a 20.30 de luns a venres.
Especializado en: asistencia xurídica, información, educación, documentación e xuventude.

PATROCINADORES:

INJUVE · Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

DIRECCIÓN:

R/. San Bernardo, 24 – 5º Tel./Fax 91 5217377 - 28015 Madrid - [ ver mapa]

EQUIPO:

Sonia Machín (Ambientóloga): Información e documentación.

HORARIO:

Atención ao público: Luns e martes de 10.00 a 14.00 horas, e luns e mércores de 17.00 a 19.00 horas.
Especializado en: Xuventude, documentación, atención a asociacions, voluntariado, xuventude e educación.

PATROCINADORES:

INJUVE · Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
Consejo de la Juventud de la Comunidad de Madrid.

DIRECCIÓN:

R/. Pescadería Vieja s/n – Tel. 952 55 81 09 - 29700 Vélez Málaga - [ ver mapa]

EQUIPO:

Concepción Navas (Técnica en Medio Ambiente): Dirección, xerencia, coordinación do centro e proxectos ambientais.
Genoveva Piña: Sudirección e relacións públicas.
Priscila Ruiz (Educadora Social): Mediadora ambiental, educación e voluntariado, proxectos educativos.
Carmen Navas: Mediadora ambiental, educación infantil, educación, información e voluntariado.
Rocío Campos (Técnico administrativo): Documentación, información e atención ao público.
Susana Fernández (Economista): Asesoramento técnico e administración.

HORARIO:

Atención ao público: 09.00 h - 14.00 y 16:30 - 20:30 de luns a venres.
Xullo e Agosto: 09.00 h - 14.00 de luns a venres.
Especializado en: documentación, proxectos ambientais, educación e xuventude.

PATROCINADORES:

INJUVE · Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Ayuntamiento de Vélez - Málaga.
Instituto Andaluz de La juventud.
Consejería de Medio Ambiente (Junta Andalucía).

DIRECCIÓN:

... Tel./Fax 954 915509 - Sevilla

EQUIPO:

Jaime Machicado Valiente (Biólogo): Información e organización.

HORARIO:

Atención ao público: Luns, mércoles, xoves e venres de 10:00 a 13:30 horas. Martes de 16:30 a 20:00 horas.
Especializado en: Educación Ambiental, Voluntariado e Información Ambiental.

PATROCINADORES:

INJUVE · Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
Concello de Sevilla.

:: SUBVENCIONADORES ::

Amigos de la Tierra quere agradecer ás seguintes administracións públicas o patrocinio que fai posible que poidamos ofrecervos este servizo.

Quen Somos? | Servizos | Actividades | Novas | Publicacións | Base de datos | Correo
© 2002 Grupo5.com - Todos los derechos reservados