un café xusto, por favor!
A Campaña
impulsa a campaña
Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e internacional.
Os/as consumidores/as temos a posibilidade de impulsar este cambio acudindo aos bares, cafés, restaurantes, locais sociais e culturais, que ofrecen café, infusións, cacao… de Comercio Xusto ou incorporando novos establecementos na rede xusta galega. Accións da campaña:
- Rolda de prensa de presentación da campaña
- Edición de materiais gráficos (pegatinas, carteis, chapas, expositores para mesas)
- Creación do espazo web www.amigosdaterra.net/cafexusto
- Mesas informativas
- Proxección de curtas e/ou tertulia
- Difusión da información da campaña e o listado de establecementos adheridos, en diferentes medios de comunicación e soportes (radio, prensa, internet, foros…)
| “Un café xusto por favor”, cada vez que digas esta frase estarás contribuíndo a erradicar a explotación infantil, estarás devolvéndolle a dignidade a unha muller, respectando unha cultura indíxena, evitando a contaminación do entorno e o esgotamento dos recursos naturais, etc… |
Esta campaña foi posible en grande medida grazas ao traballo que desenvolve o voluntariado de Amigos da Terra.
Un Café Xusto, Por Favor! é unha campaña de Amigos da Terra. ![]()
Este sitio está feito con WordPress e GimpStyle Theme. WordPress é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.