Qué é o Comercio Xusto?

Que é o comercio Xusto? | Onde mercar productos de Comercio Xusto?

O Comercio Xusto é un sistema comercial baseado no diálogo, a transparencia e o respecto, que busca unha maior equidade no comercio internacional. Contribúe ao desenvolvemento sostible ao ofrecer mellores condicións comerciais e asegurar os dereitos de produtores/as e traballadores/as desfavorecidos/as, especialmente no Sur.

O Comercio Xusto presenta un dobre obxectivo: mellorar o acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e cambiar as inxustas regras do comercio internacional.

A novidade do Comercio Xusto é que as organizacións do Norte non se limitan a transferir recursos para crear infraestruturas, capacitar ou prefinanciar aos grupos produtores, senón que participan activamente na comercialización mediante a importación, distribución ou venda directa ao público. Ademais realizan unha importante labor de denuncia e concienciación.

É a única rede comercial na que os intermediarios (importadoras, distribuidoras ou tendas) están dispostos a reducir as súas marxes para que lle quede un maior beneficio ao produtor.

Un Café Xusto, Por Favor! é unha campaña de Amigos da Terra.
Este sitio está feito con WordPress e GimpStyle Theme. WordPress é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.