Con motivo da celebración do Día mundial dos dereitos do Consumidor, Amigos da Terra lanza a campaña “Un café xusto, por favor!”

Amigos da Terra celebra o Día mundial dos dereitos do consumidor (15 de marzo), co inicio da campaña: “Un café xusto, por favor!”

O obxectivo desta campaña é o de achegar información aos comerciantes así coma aos consumidores sobre qué é o comercio xusto, promocionar o seu consumo e facer consciente á sociedade da transcendencia e necesidade dun consumo responsable.

Presentación Campaña Un Café Xusto, Por Favor!

A campaña arrinca cunha trintena de establecementos galegos (bares, cafés, locais socias e culturais…) adheridos á mesma o­nde se ofertará a posibilidade de consumir café, cacao, infusións, cervexas, galletas e demais produtos de Comercio Xusto.

Un Café Xusto, Por Favor! é unha campaña de Amigos da Terra.
Este sitio está feito con WordPress e GimpStyle Theme. WordPress é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.